luns, 3 de decembro de 2018

Visita á exposición "O éxodo dos Rohingya"




Este venres 30 de novembro, co alumnado de con 4º ESO,visitamos "O éxodo dos rohingya", unha exposición de fotos sobre os rohingya, organizada por Médicos Sen Fronteiras no Fórum metropolitano.

Tivemos a oportunidade de meternos na pel das persoas refuxiadas grazas a un vídeo inmersivo que poidemos ver a través dunhas fabulosas lentes 3D (moitos era a primeira vez que probabamos;). E, sobre todo, poidemos escoitar a Iria -unha enfermeira galega de MSF que estivo traballando cos rohingya en Bangladesh- guiándonos e dando contido ás fotos realizadas por Anna Surinyach

xoves, 29 de novembro de 2018

Sobre a novela gráfica "En la vida real"

Como estamos a voltas co tema de "Realidade e aparencia", porque é o da VI Olimpíada filosófica de Galicia, déixovos aquí unha suxestión de lectura: En la vida real, de Cory Doctorow e Jen Wang (2014). 

Miguel Pérez Redondo (1º Bach) leuno  e cóntanos un pouco sobre el: 

venres, 23 de novembro de 2018

Comandos contra as violencias machistas

Por segundo curso consecutivo, comandos contra a violencia achegáronse a varias aulas do instituto co cometido de sensibilizar en torno á gravidade e profundo enraízamento da violencia machista. 

mércores, 14 de novembro de 2018

Día Mundial da Filosofía

"O pensador", de Rodin, en pezas de Lego (nunha exposición en Roma)

Este xoves 15 de novembro celébrase como cada terceiro xoves de novembro, desde o ano 2005, o Día Mundial da Filosofía, a iniciativa da UNESCO. 
Desta volta, ímolo celebrar cunhas magníficas reflexións de Nerea Iglesias e Miguel Pérez (1º Bach). Aquí quedan: 

venres, 26 de outubro de 2018

Película "O lugar que nos prometemos"

O pasado mércores 17 de outubro o alumnado de 1º e 2º Bach de Filosofía asistíu á proxección da película de anime "El lugar que nos prometimos" (2004) no Museo de Arte contemporánea (como saberedes, a punto de pechar). 

Trátase dun filme de Makoto Shinkai, do que temos moito que dicir: 

domingo, 7 de outubro de 2018

Comezo de curso, da man dos presocráticos

Temos o curso xa en marcha, en todos os niveis. En 2º Bach xa nos manexamos entre os presocráticos con toda soltura. E estamos preparándonos para Sócrates...

Aquí están as nubes de palabras que fixeron na clase de cada un destes primeiros pensadores cosmolóxicos: 


Tales de Mileto,  por Javier Baña, e Anaxímenes, por Mario González 

luns, 21 de maio de 2018

Cancións sobre a liberdade




En filosofía de 4º ESO estamos a aprender e reflexionar sobre o inabarcable tema da liberdade. Entre outras actividades, puxémonos a buscar cancións que trataran sobre a liberdade. E aquí vos deixo as que atopamos.

martes, 15 de maio de 2018

sábado, 21 de abril de 2018

O debate do Lugrís



O pasado mércores 18 xuntámonos no Salón de Actos para ver como un equipo de 4º ESO (Filosofía) afiaba os seus argumentos para enfrontarse a outros de 2º ESO A (Valores éticos). O tema do debate foi a Discriminación positiva (ou Acción positiva). A favor (2º ESO) e en contra (4º ESO). 

mércores, 21 de marzo de 2018

Electra, de Eurípides





Latín, Filosofía (4º ESO, 1º Bach  2º Bach)
O pasado mércores 14 de marzo asistimos de novo a representación dunha traxedia grega, no marco do Festival de Teatro grecolatino organizado pola SEEC. Desta volta foi no Teatro Rosalía, a obra Electra, de Eurípides, e foi realizada polo grupo de teatro El Ruiseñor

domingo, 18 de febreiro de 2018

Na Olimpiada filosófica, "Revolución e utopía"



Disertando e resolvendo dilemas, así pasaron a tarde do pasado venres Nerea Iglesias, Pedro Reimúndez, Claudia González e Rebeca Paris. Alegroume moitísimo saber -polo que dixeron- que, mentres o facían, o pasaron ben. Aprender e amosar o aprendido pode ser unha experiencia moi gozosa. 

sábado, 20 de xaneiro de 2018

Visita a RNE

O pasado mércores 17 e xoves 18 de xaneiro visitamos con 1º ESO, as instalacións de Radio Nacional de España (RNE) no edificio da Terraza nos xardíns de Méndez Núñez
Íamos con moita enerxía, que se volcou primeiro no parque e logo nas locucións, creo que a parte máis divertida.