Por segundo curso consecutivo, comandos contra a violencia achegáronse a varias aulas do instituto co cometido de sensibilizar en torno á gravidade e profundo enraízamento da violencia machista.
Con presentacións e postas en escena preparadas por cada un dos comandos conformados por alumnado de Valores éticos e de Oratoria, percorrimos o instituto, percorrimos centro tratando de concienciar da necesidade de igualdade e e respecto como antídotos contra as violencias.
Os comandos participantes foron: 1) Paula, Sofía, Yaiza e Maia, de 4º; 2) Daria, Maytana, Myriam e Enrique, de 4º ESO; 3) Alexandru, Carla, Mohamed e Fátima, de 4º; 4) Nerea e Miguel, de Bach; 5) Érika e Alba Fariña, de Bach; 6) Alba Vázquez e Pablo,de Bach; e 7) Iván, David e Santiago, tamén de Bacharelato.
Quedan aquí algunhas fotos como testemuña gráfica, aínda que por desgraza non temos dos sete comandos. En breve colgaremos algúns dos vídeos e presentacións utilizados no curso de Biblioteca da Aula virtual do centro (no apartado de Días internacionais).
|
Sofía e Paula dispensaron recetas de Igualdina en 2º ESO |
|
Felipe está concentrado |
|
Paula explicando |
|
Sofía e Paula exerceron de eminentes doutoras |
|
Alexandru Danu, moi convicente |
|
Fátima, cunha clara presentación |
|
Santiago, David, Iván |
|
Pablo e Alba |
|
Nerea e Miguel |
|
Daria, Maytana, Myriam e C. Enrique, en STI |
|
O alumnado de 1º ESO comportouse de forma magnífica |
Moitísimas grazas a estes implicados comandos por facernos sentir unha vez máis a vívida ilusión por aprender conxuntamente!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario