sábado, 27 de febreiro de 2016

Teatro da oprimida

O pasado martes 23 de febreiro estivo con nós o grupo de Teatro da Oprimida Cen tolas, representando a obra "A viaxe de Ana". Trátase do cuarto obradoiro do proxecta "O mundo que queremos".
Augusto Boal

O Teatro do Oprimido ten a súa orixe en Brasil nos anos 60 e 70 do pasado século. Considérase fundado e sistematizado por Augusto Boal e defínese como "teatro das clases oprimidas e para os oprimidos, para desenvolver unha loita contra as clases opresoras".

Unha das súas ferramentas é o teatro forum, que foi a que puxeron en práctica no noso instituto. Despois da posta en escena da obra os rapaces e rapazas dialogaron e fixeron propostas -actuando eles e elas- de como cambiar algunhas das situación representadas. 
Unha boa experimentación de empatía!!!















Tedes máis fotos no facebook da biblioteca!!!

domingo, 21 de febreiro de 2016

Aprender NO Cárcere e DO cárcere

O pasado xoves 18 de febreiro recibimos a visita dun interno (Juan José, "Piña") do centro penitenciario de Teixeiro, acompañado dunha profesora e un profesor da Escola do cárcere, no marco das actividades de ANOCA (siglas de Aprender NO cárcere). 
Contáronnos como funciona a escola dentro do módulo sociocultural, como é a experiencia de impartir clases alí (con moita variedade de alumnado, por  procedencia xeográfica, relixión, ideoloxía, nivel cultural...) e como é a vida no cárcere. Piña respondeu a unha enorme cantidade de preguntas: algunhas moi concretas -como que comen o día de Nadal- e outras máis de calado -que opina dos que desfalcan moito e non van ao cárcere mentres si van os ladróns de pouca monta-.

En todo momento, sentimos que recibiamos unha cercana lección sobre a vida e as voltas que pode dar. Aprendimos do cárcere...

Quen lle escoitamos coincidimos en que foi unha experiencia moi intensa e interesante, en que nos gustaría repetir e na admiración e respecto por este interno capaz de falarnos con valentía do que lle levou ao cárcere e de todo o que está a facer para rehabilitarse. Desexámoslle moi boa sorte!!!