luns, 15 de maio de 2017

1º B na Cruz Vermella






Como as visitas á Cruz Vermella non admiten moita xente de cada vez, o pasado venres 5 de maio, tocoulle a visita a 1º ESO B. O percorrido da visita foi o mesmo que cando foi A: vídeo con preguntas, centro de día, centro de emerxencia e ambulancia, pero desta volta quedounos un anaquiño para ir ao parque de Marte.




O próximo venres 15 irá o alumnado de 1º C e serán eles quen fagan a crónica.






sábado, 13 de maio de 2017

En directo, nas ondas


O pasado mércores 10 de maio vivimos con emoción a emisión dun programa de "Hoy por hoy", de Radio Coruña Cadena Ser desde o noso centro. Foi a conclusión da participación no proxecto do Concello de Radio en Valor. Os principais participantes en todo o proxecto foron os rapaces e rapazas de Valores éticos de 4º da ESO, aínda que na emisión do programa participaron moitos máis. Todos con gran entrega e entusiasmo. De público en directo, no salón de actos, estaban todo 3º e 4º da ESO, e 2º de Bacharelato.

Mariña e Anxo fixeron a presentación do programa ás 12:30, logo continuou o programa co tratamento da tráxica noticia do parricidio dun neno da nosa cidade cunha clara intención de violencia machista (conectaron coa Asociación Clara Campoamor). Gonzalo, Nerea, Alba e Lucía entrevistaron ao escritor e músico Xurxo Souto, que respondeu con apaixonamento ás súas preguntas, botou moitas flores á exposición que temos no centro sobre Urbano Lugrís e enardeceunos cando ao unísono berramos a consigna "Medre o mar" e cantamos o comezo da "Rapsodia Lugrís".



Alumnado de diferente culturas debatiron e intercambiaron impresións en torno á convivencia cando hai moita diversidade cultural e sobre os prexuízos.  
Logo da sección de "Los Cocos", finalizamos cunha potente actuación musical. 





Aquí quédanvos enlaces aos podcast das partes do programa en que participamos:

- Presentación, con Mariña Neira e Anxo Souto
- Entrevista a Xurxo Souto, por Gonzalo Conde, Nerea Iglesias, Alba Vázquez e Lucía Seoane
- Debate sobre interculturalidade (Rafael Jiménez, Nerea Muñoz, Morelys de los Santos, Daniel Rosua, Lara López, Tamara Santiago, Rocío Gómez Llanos, Samba)
- Los Cocos. Aquí escóitase as noticias con humor desta sección habitual do programa - con Santy Gutiérrez, Oswaldo Digón e Víctor Grande) e ao final a actuación musical de Entre dos aguas, de Paco de Lucía, con moitos rapaces e rapazas co centro.

No facebook da Biblioteca, tedes un álbum de fotos da emisión, o vídeo da actuación de Yoel, enlaces aos podcast..  e moito máis. 



 Moitísimas grazas a todos e todas pola colaboración, o entusiasmo e o bofacer de todo o mundo, a xente de Cadena Ser Coruña, a Dirección do centro, o profesorado implicado, o público, e, o sobre o ALUMNADO PARTICIPANTE!!!