domingo, 30 de maio de 2021

Máis aulas en feminino

Este pasado venres 28, o alumnado de Oratoria (1º Bach) realizou unha presentación das mulleres galegas que dan nome a aulas, talleres e espazos varios do centro. 

Nesta ocasión "inauguramos": 

- a Aula 005, co nome das médicas Jimena e Elisa Fernández de la Vega, que foron explicadas por Valery Villamizar e Dalila Barrera, 

mércores, 26 de maio de 2021

Fin de curso pola ruta do Loio

 Acabaron as clases de 2º Bacharelato. E para coller folgos e preparar moi ben as ABAU ou as materias que quedan por recuperar, o alumnado de 2º Bach foise de camiñata acompañados dos profes Xulia Abella e Roberto Varela. Fixeron a ruta do Loio, no concello de Paradela (Lugo). Nunha camiñata de máis de 8 Km, pasaron polo mirador de Cabodevila e polo único cemiterio galeguizado, o de San Fagundo. Acabaron a excursión dando un paseo libres pola cidade de Lugo

mércores, 5 de maio de 2021

Na pel das nenas da India



Este pasado mércores visitou a 1º ESO C María Díaz, representante da Fundación Vicente Ferrer en Galicia. Logo de contarnos que fai esta organización e de situarnos na India, máis concretamente nos estados de Telangana e de Andhara Pradesh, onde traballa esta fundación, vimos o vídeo "El sueño de Gowthami" e a partir de aí puxémonos en situación. A través dun xogo de rol tres grupos mudaron en tres familias cuxos membros debían argumentar e logo decidir se Gowthami podería ir a estudar. 
As familias entraron tanto no papel que as discusións foron ben intensas e as decisións complicadas: só unha familia permitiu deixar estudar a Gowthami ;)  ...Case como na India real.