domingo, 14 de novembro de 2021

Liñas de tempo psicolóxicas

O alumnado de Psicoloxía realizou unhas liñas de tempo moi chulas utilizando diferentes aplicacións nas que resumen as primeiras correntes teóricas da Psicoloxía como ciencia. 

Velaquí algunhas delas: 

Realizada por Hugo Costoya
Realizada por Hugo Costoya

xoves, 24 de xuño de 2021

Xincana para acabar o curso

O martes 22, como broche de fin de curso, a comisión de igualdade (particularmente Jorge Gutiérrez, Valeria Fernández, Jay Cameán, Sam López, Zoe e Carolina) organizaron unha xincana na que había dous itinerarios de pistas , todas elas relacionadas coas Aulas en feminino do centro. 

Xogou todo o alumnado de 1º ESO. 

domingo, 20 de xuño de 2021

Exposición "Nós tamén somos trans"

 


Solidarizándonos, sensibilizándonos, aprendendo das múltiples e variadas persoas trans... Isto é o que estivemos e estamos a facer a través, entre outros, desta exposición na que a Comisión de igualdade amosa a algunhas persoas trans de diferentes ámbitos sociais.

domingo, 6 de xuño de 2021

Orgullo Trans

Empezamos o mes de xuño, tamén o mes do Orgullo, cunha charla coloquio con Carme Adán Villamarín sobre o que significa esta palabra no contexto do Orgullo LGTBI+ facendo especial incidencia nas persoas transexuais. A idea é visibilizar a estas persoas a fin de lograr a normalización e a convivencia respectuosa. 

domingo, 30 de maio de 2021

Máis aulas en feminino

Este pasado venres 28, o alumnado de Oratoria (1º Bach) realizou unha presentación das mulleres galegas que dan nome a aulas, talleres e espazos varios do centro. 

Nesta ocasión "inauguramos": 

- a Aula 005, co nome das médicas Jimena e Elisa Fernández de la Vega, que foron explicadas por Valery Villamizar e Dalila Barrera, 

mércores, 26 de maio de 2021

Fin de curso pola ruta do Loio

 Acabaron as clases de 2º Bacharelato. E para coller folgos e preparar moi ben as ABAU ou as materias que quedan por recuperar, o alumnado de 2º Bach foise de camiñata acompañados dos profes Xulia Abella e Roberto Varela. Fixeron a ruta do Loio, no concello de Paradela (Lugo). Nunha camiñata de máis de 8 Km, pasaron polo mirador de Cabodevila e polo único cemiterio galeguizado, o de San Fagundo. Acabaron a excursión dando un paseo libres pola cidade de Lugo

mércores, 5 de maio de 2021

Na pel das nenas da India



Este pasado mércores visitou a 1º ESO C María Díaz, representante da Fundación Vicente Ferrer en Galicia. Logo de contarnos que fai esta organización e de situarnos na India, máis concretamente nos estados de Telangana e de Andhara Pradesh, onde traballa esta fundación, vimos o vídeo "El sueño de Gowthami" e a partir de aí puxémonos en situación. A través dun xogo de rol tres grupos mudaron en tres familias cuxos membros debían argumentar e logo decidir se Gowthami podería ir a estudar. 
As familias entraron tanto no papel que as discusións foron ben intensas e as decisións complicadas: só unha familia permitiu deixar estudar a Gowthami ;)  ...Case como na India real. 

venres, 30 de abril de 2021

Lugrís sen filtros: SÁCAME DA MIÑA CABEZA

E aquí o segundo capítulo:

LUGRÍS SEN FILTROS: SÁCAME DA MIÑA CABEZA



VÍDEO: Sácame da miña cabeza 

PODCAST: Sácame da miña cabeza 

Este capítulo está dedicado á saúde mental na adolescencia. Foi preparado e levado a cabo nas clases de Valores éticos/Relixión durante o curso 2020-21 con alumnado de 4º da ESO B. 

Lugrís sen filtros: QUE FOI DA CEGOÑA?

Temos xa, acabadas de saír do forno, as versións en podcast e en vídeo dos programas que gravamos o pasado mércores 21 de abril. Aquí tedes o primeiro: 

LUGRÍS SEN FILTROS: QUE FOI DA CEGOÑA? 





Este capítulo está dedicado á educación sexoafectiva na adolescencia.
Foi preparado e levado a cabo na clase de Valores éticos/Relixíón  con alumnado de 4º ESO B. 

martes, 27 de abril de 2021

Podcast de Eduemociona


Logo dunhas cinco semanas preparándonos, o alumnado de 4º ESO B, dividido en dous grupos, realizou o pasado mércores 21 de abril a gravación de dous programas sobre sendos temas elixidos por eles. Todo este traballo estase a realizar no marco do contrato programa Eduemociona e dirixido por Cristina de la Torre.

A saúde mental foi o tema elixido polo grupo de: Darío Rodríguez, Jay Cameán, Danna Villamizar, Rouset Fente, Ariel Canario e Rodrigo Aba.

E a educación sexoafectiva foi o elixido por: Mateo Naveira, Ainara Álvarez, Xabier Rama, Diego Rosua, Michele Molina e Romina Ocampo.

Entrega de premios VIII Olimpíada filosófica


O venres 23 de abril, coincidindo co día do libro, entregáronse na facultade de filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, os premios aos catro mellores traballos das modalidades de fotografía, banda deseñada e  vídeo. 

Este ano non puidemos asistir por mor do límite de aforo en tempos de pandemia, como si fixemos noutros anos, pero si estivo a vosa profe en calidade de membro do xurado. 

Podedes consultar cales foron as obras gañadoras no apartado de novas do sitio web da Olimpíada filosófica galega. Quedan aquí algunhas imaxes deste encontro: 

domingo, 28 de marzo de 2021

Entrega de premios de Slógans pola igualdade

 

As tres ganadoras: Dune, Paula e Antonella

Hoxe venres 26 de marzo, e xa co ánimo preparado para a desconexión primaveral de Semana Santa, entregamos os premios aos mellores Slogans pola igualdade 

Os premios foron conseguidos por:

  •     1º-2º ESO e FPB: Dune (FPB)
  •     3º -4º ESO: Antonella Ferreira Estable (3º ESO A)
  •     Bacharelato e Ciclos medio e superior: Paula Parga Rodríguez (2º Bach)

Aquí quedan algunhas imaxes para a lembranza: 

sábado, 13 de marzo de 2021

Emilia Pardo Bazán no Día das mulleres


Como sabedes, o pasado luns 8 de marzo celebrouse o Día internacional das mulleres, en reivindicación da igualdade efectiva entre mulleres e homes. No centro, e desde a comisión de igualdade, quixemos sumarnos á loita pola igualdade con algunhas actividades. Convocamos un concurso de slogans pola igualdade, que podedes ver áentrada do centro. En colaboración co club de cinema, se están a proxectar películas sobre o tema da igualdade en moitos cursos. E co equipo de Dinamización lingüística puxemos o nomede Emilia Pardo Bazán á cafetaría, dando continuidade ás Aulas en feminino.

domingo, 7 de marzo de 2021

Fotos sobre "Liberdade ou seguridade?"

Como sabedes, este curso a VIII Olimpíada filosófica de Galicia estivo dedicada ao tema de Liberdade ou seguridade?".

No noso centro participamos na modalidade de Fotografías e o alumnado de Filosofía de 4º ESO e 1º Bacharelato realizaron interesante fotografías con ese lema. A exposición coincidiunos co Entroido, de aí os disfraces ;) 

Quedan aquí fotos da exposición realizada no centro e un enlace para velas todas mellor: Fotos filosóficas do Lugrís 











xoves, 18 de febreiro de 2021

Concurso de Slogans pola igualdade

Con motivo da celebración do 8 de marzo, día internacional das mulleres, a Comisión de Igualdade xunto co Equipo de Dinamización Lingüística do centro convocan un concurso de slogans co obxecto de promover a reflexión sobre a falta de igualdade real. 

 PARTICIPANTES: 

Todo o alumnado matriculado no Centro. 

TEMA: 

Trátase de realizar un cartel (físico ou dixital) cun slogan ou lema que incida na reflexión sobre a superación de prexuízos, crenzas e costumes discriminatorios por cuestións de xénero. 

REQUISITOS E ASPECTOS A VALORAR: 

martes, 9 de febreiro de 2021

Torneo de debate académico

Neste curso o alumnado de Argumentación e oratoria, de 1º Bach, participou por primeira vez no Torneo de debate académico da Fundación Barrié. É a primeira vez que participamos como centro, e resultou unha experiencia moi enriquecedora e apaixonante.

 A pregunta a debate foi: "Deben os países da Unión Europea limitar as liberdades fundamentais para salvagardar o benestar colectivo?"

 En vez de na sede da Fundación, os debates tiveron que realizarse telematicamente, o que supuxo un despregue de medios tecnolóxicos na nosa iblioteca, pero todos os centros logramos que se desenvolvera medianamente ben. Cos nervios e tensión de cada debate, seis en total, case esquecemos sacar fotos en tempo real. Así que pouco máis temos que da final (na que non participamos). 

En todo caso, quedámonos con todo o aprendido e con ganas de repetir.

Equipo 1: Isaac Mouzo, Carmen tomé, Jorge Peguero, Valery Villamizar e Asim Aarab.

Equipo 2: Laura Escobar, Jamile Vieira, Hugo Costoya, Édison Dávila e Xabier Barreiros.

sábado, 6 de febreiro de 2021

As teorías do contrato social

Seguimos con imaxes en Historia da filosofía. Estas son as que realizou Adela Villar Uzquiano para ilustrar as diferentes visións das situacións nas teorías do contrato social de Thomas Hobbes e John Locke



Continuamos avanzando na historia cara a David Hume ;)

sábado, 9 de xaneiro de 2021

As palabras de Tomé de Aquino en imaxes

Así trasladou o alumnado de 2º Bach de Historia da Filosofía o texto de Tomé de Aquino que hemos de poder comentar  para preparar as ABAU.