luns, 27 de novembro de 2017

Libres de violencia machista


Como todos os anos, o 25 de novembro celébrase o Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Arredor desta data realizamos varias accións no instituto.

 
O alumnado de Valores de 1º ESO B axudou a colocar unha cinta nas vallas do centro que leva escrito "Espazo libre de violencia machista", no marco do programa do Concello "Cidade libre de violencias machistas"

O venres varios "comandos" de Filosofía de 4º ESO e de Valores 2º ESO percorreron un montón de clases (ESO, Bacharelato e FPB) co obxectivo de sensibilizar e concienciar contra as violencias machistas na adolescencia. Presentaron datos sobre o tema, algún vídeo e, sobre todo, xeraron charla e debate. Fixérono de marabilla, polo que quedamos con ganas de repetir a experiencia.

Daniel, Adrián e Yago, en 3º ESO

Pedro e Nerea, en 2º Bach
Laura

Miguel


Samuel e Edison, en 1º ESO
Pedro, Yei e Nerea, en 1º FPB Electricidade

Moitas grazas aos comandos contra a violencia pola voso esforzo e bos resultados!
Valeria e Namia, en 4º ESO
E desde a Biblioteca participamos na decoración da entrada con poemas de Rupi Kaur



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario