sábado, 29 de outubro de 2016

Despois da apocalipse





Este pasado venres 28 de outubro experienciamos unha clase de filosofía moi especial. Unha clase bastante práctica. Encamiñámonos ao MAC (Museo de Arte Contemporánea) cruzando a ponte peonil que nos separa do mesmo e alí vimos a película After the dark. The philosophers, unha película situada en Iacarta, a capital de Indonesia, nun centro de secundaria para rapaces con altas capacidades intelectuais. O profesor failles tomar decisións e argumentar nun suposto caso de destrución nuclear do mundo.

Un interesante xogo, que logo replicamos na sala de cine o alumnado de 1º de Bacharelato e o de FPB de Arranxos e Lavandaría. Penso que todos o pasamos moi ben filosofando un anaco, vivenciando o lado práctico da filosofía. 





Que interesados! 
trailer da película














En breve, publicaremos algúns dos comentarios vosos. 

sábado, 1 de outubro de 2016

En marcha!

Xa levamos unhas semanas en marcha. Empezando a conxugar o verbo "filosofar".

Na ESO andamos traballando en valores e practicando o manexo das emocións para mellorar a convivencia e favorecer a aprendizaxe. Repetimos unha e outra vez "Autocontrol, autocontrol" e logo pasamos a "Respecto, respecto". E é que nos primeiros días algunhas emocións andan alporizadas: 



E entrando en materia, iniciamos o curso observando ás nosas mascotas, eses animais próximos que tanto nos ensinan! Queremos averiguar algunhas diferenzas e moitas das semellanzas cos compañeiros animais...

En Bacharelato, imos filosofando, da man dos gregos tratando de dar un enorme salto temporal ata a Antiga Grecia. Así que tócanos reflexionar sobre "Por que Grecia?"; farémolo co helenista asturiano Pedro Olalla


Esperamos que o salto non sexa excesivo e nos conduza a bo porto!