domingo, 23 de abril de 2017

De visita na Cruz Vermella


O pasado venres 22 de abril visitamos as instalacións da Cruz Vermella en Coruña, co grupo de 1º ESO A. Vimos un vídeo introdutorio sobre esta institución, percorrimos o centro de día e o de chamadas  e rematamos cunha ampla e boa explicación do funcionamento das ambulancias.



Foi un grupo moi participativo e vivaz desde o primeiro momento. 
Explicáronnos con detalle todos os tipos de chamadas que fan diariamente. Unha cantidade enorme! 
A explicación das ambulancias, coma sempre, a máis interesante e divertida :)

Agora tócalles ir aos outros grupos!

xoves, 20 de abril de 2017

Radio en valor



O pasado martes 18 abril comezamos a volta ás clases cunha visita ás instalacións da emisora de radio Cadena Ser, Los 40 principales e Radio M80

Foi unha visita moi activa, posto que os rapaces tiveron que simular que emitían un programa de noticias, con todas as súas seccións (local, deportes, cultura, axenda...). 

Foi moi divertido. 


Esta visita servíu para prepararnos para a emisión do programa Hoy por hoy de Radio Coruña Cadena Ser o próximo 10 de maio desde o noso centro.  A ver que sae!!!









 Estamos na onda!!!