mércores, 18 de maio de 2016

Co traballo feito, no acto final de O mundo que queremos

Hoxe, mércores 18 de maio reunímonos no Ágora todo o alumnado e profesorado participante no proxecta de O mundo que queremos.  Que emoción! :)

Realizamos avaliacións por grupos, todos entremesturados. Compartimos. Intercambiamos experiencias. Vimos anacos do traballo de todos os equipos... Interpretamos e escoitamos música... Bailamos e vimos danza :)

Un magnífico broche para todo este tempo de obradoiros, clases e traballos. 

Deixo aquí enlace aos catro programas de radio realizados: 

- Equipo de rap (2º ESO B)
- Love others (2º ESO A)
- Os Burlaos (2º ESO A)
- A Voz dos incomprendidos (2º ESO A)

E as fotos de 4º ESO:








Hoxe, no Ágora, Ismael Escudero Jiménez cos seus raps e Nora Escudero Hernández co seu baile deixáronnos boquiabertos... a todo o auditorio, quero dicir. Estiveron ben acompañados polos compañeiros de 2º ESO B e 4º ESO e o profesor Pedro.
Aquí tedes os raps de Ismael e o baile de Nora

Orgullosos estamos polo camiño percorrido. Grazas a todos e todas!!!





sábado, 14 de maio de 2016

As políticas sobre refuxiados A DEBATE

A adecuación ou non das políticas europeas sobre os refuxiados, con especial énfase na situación provocada pola guerra de Siria, foi o tema escollido para a segunda fase e a final da Liga de debate comezada na primeira avaliación. 
O luns 9 de maio  enfrontáronse primeiramente dous grupos de 2º ESO entre si, e, logo do recreo, outros dous grupos de 3º ESO A. Os catro equipos amosaron bastante preparación e nivel, malia a dificultade e complexidade do tema. Noraboa. 

O martes 10 á tarde desenvolveuse a final, sendo o equipo ganador o de 2º ESO. 
Felicidades para Daniel Rosua, Morelys, Noelia, Aroa e Lucía. 

Aquí quedan algunhas fotos:

















Malia a decepción por non gañar despois de todo o traballado (dígoo polo 3º A), cremos que foi unha magnífica experiencia de aprendizaxe.