sábado, 25 de marzo de 2017

Medea, a muller máis temida da literatura grega


O mércores 22 de marzo, o alumnado de filosofía de 2º Bach, o de cultura clásica e algún outro achegámonos ata o teatro Colón para ver unha representación da traxedia Medea, de Eurípides, dentro do ciclo organizado pola Sociedade de Estudos Clásicos de Galicia.


Foi unha versión que combinaba o argumento dunha muller ao borde da loucura por celos, resentimento e vinganza ao verse repudiada polo seu home Xasón, coa expresión de todas as emocións a través de escenas de danza. A obra estivo representada polo grupo El Ruiseñor de Culleredo

Gustounos moito a apaixonada representación que nos fixo entrar en calor neste xélido día de marzo.

 

 




  Ata a próxima temporada!

luns, 20 de marzo de 2017

Achegándonos ao feminismo

Como xa dixeramos, nesta ocasión celebramos o día das mulleres cunha exposición de citas de mulleres e algún home de corte feminista. 
Intentamos ir perdendo medo á palabra "feminismo" e a dicir "eu son feminista". Queremos desfacer o tópico malentendido que fai do feminismo o antónimo simétrico de machismo, algo totalmente equivocado. 
Entendemos o feminismo como a loita pola igualdade completa de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes. 
Estes días tivemos a oportunidade de mirar as citas feministas de personalidades moi variadas, unhas moi moderadas outras máis radicais, todas interesantes. Desde mulleres  coñecidas pola súa feminidade como Marilyn Monroe ou Carolina Herrera  ata feministas radicais como Judith Butler

Neste vídeo podedes ver as preferencias dalgunhas alumnas e alumnos (e da profesora Xulia Regueiro) nun photo-call con música de Guadi Galego, "Matriarcas" que podedes ver en youtube

Aproveito para recomendarvos a lectura dos dous libros ilustrados de Isabel Ruiz Ruiz, Mujeres e Mujeres 2, e tamén Mamá, quiero ser feminista, de Carmen G. de la Cueva

 
Boas lecturas!






venres, 10 de marzo de 2017

No día das mulleres



Este ano celebramos o 8 de marzo coa colaboración do IES Politécnico de Vigo que compartíu con nós as imaxes con frases de mulleres coas que decoramos un panel á entrada do centro e no que estamos a facernos fotos a modo de photo-call
Do mesmo instituto de Vigo é tamén este vídeo que nos gustou moito: 


Por outra parte, en 1º Bach imos dedicar algúns esforzos a investigar sobre algunhas filósofas para ir ampliando o abano dos nosos coñecementos deste ámbito aínda moi pouco desenvolvido. Daremos conta do resultado. Este artigo "Diez mujeres clave de la historia de la filosofía (que tal vez no conozcas)" pode axudarnos.


sábado, 4 de marzo de 2017

De visita a un xornal

Onte xoves, 2 de marzo, fixemos unha visita ás instalacións do xornal La voz de Galicia en Arteixo. Participou o alumnado dos tres grupos de 1º ESO de Valores éticos. 

Como noutras ocasións, a guía levounos pola Redacción, o plató de V Televisión, toda a zona de máquinas -impresionante- e logo finalización o periplo no Museo do xornal. 

A Redacción
O plató

Paso da Redacción á zona das máquinas
 


A rotativa
Sala de control



                     


   
As bobinas de papel son impresionantes


 

Imos cara ao museo

Xa dentro do museo






Ata a próxima!