luns, 30 de xaneiro de 2017

A paz: un non á violencia

A gran familia
O 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da paz e non violencia (DENIP). Desde o Departamento imos centrarnos neste tema en especial en 4º da ESO durante todo este trimestre.

O mércores 1 de febreiro contamos coa visita de Luis García Soto, quen nos falará sobre "A paz: un non á violencia". 

Aquí lembramos o día cuns poucos cadros de René Magritte (1898-1967) que teñen que ver con pombas, un tema recorrente na súa pintura.

E tamén indicando algúns interesantes enlaces, extraídos esta vez do IES San Paio, de Tui,e do CEIP As Revoltas de Cabana de Bergantiños
  • Lectura e filmes pola paz (do CEIP de Cabana de Bergantiños)
http://www.slideshare.net/BibliotecaRevoltas/lecturas-e-filmes-pola-paz-2017?ref=https://edlgasrevoltascabana.wordpress.com/

  • PAZ territorio da Pintura (co P de PAZ e Pintura)
  • Un nobel cantante de PAZ (co P de PAZ e Poesía): Escolma de letras de cancións pola PAZ, de Bob Dylan
  • Lista de reprodución de vídeos Cantando á PAZ con Bob Dylan (música das cancións da escolma anterior)
  • Biblioxornal 46: Guerra e PAZ de cine (selección de filmes e documentais sobre a guerra e a PAZ)
  • Lista de reprodución de vídeos (avances dos filmes e documentais do Biblioxornal 46)
  • Lista de reprodución de vídeos Educando pola PAZ (curtametraxes para traballar nas aulas)


Que gocedes do día !!!

As grazas naturais



O terapeuta

As grazas naturais

Autorretrato ou A clarividencia

domingo, 8 de xaneiro de 2017

Nubes de palabras helenísticas

Nas últimas clases do pasado ano, en 2º de Bach dedicámonos, entre outras cousas, a practicar coa aplicación tagul para facer nubes de palabras. Neste caso sobre a filosofía helenística

Non sei por que, todas moi animalistas :)


Realizada por Sergio e Carmen

Realizada por Marta Sandino


Realizada por Raúl e Zianya