"O innatismo defende que nacemos con recursos da nosa racionalidade e memoria sen ser aprendidas, aínda que a aprendizaxe e experiencia inflúen un pouco en quen somos. O ambientalismo di que nacemos sen apenas recursos nin coñecementos, e todo o que somos é o que temos aprendido. As dúas teorías levan a problemas: "Se a miña personalidade é definida polos meus xenes, teño autoridade nas miñas decisións? (innatismo)", "se son produto da educación, son responsable das miñas accións? (ambientalismo)"
Na miña opinión, creo que o innatismo achégase un pouco máis á realidade, pero o ambiente tamén é moi importante. Unha persoa non só é definida pola súa aprendizaxe, senón tamén pola súa capacidade innata; unha persoa autista nace como tal, na maioría dos casos, non se aprende a selo. Se todos fósemos produto do ambiente, dúas persoas coas mesmas circunstancias, serían idénticas na súa personalidade, algo que non pasa. En canto á nosa autonomía, posiblemente é unha ilusión. Pensa, ti fas algo, xa pasou, non podes facer retroceder o tempo e cambialo. Será que as túas accións non se poden repensar, ou que temos a ilusión de elixir, aínda que só sexan reaccións químicas de complexidade moi alta. En fin, eu estaría contento cunha resposta intermedia, nacemos dunha forma e cambiamos co ambiente.
Quen pode dicir que ningunha acción que fagamos é nosa, e se é así, como pode haber xustiza? Obviamente, se comprendéramos como tomamos decisións, poderíamos cambiar a xente que só pode variar, para axudalos ser máis produtivos para nós. Pero, iso sería moral? Cambiar a identidade da persoa? Claro, unha personalidade, parece da persoa, pero... realmente o é? Temos control das nosas accións?
Para min, prefiro pensar que si."
martes, 15 de maio de 2018
Disertación sobre innatismo vs ambientalismo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario