domingo, 20 de decembro de 2015

Un pouco de comercio xusto






Estes últimos días de clase do ano, tivemos  na entrada do centro un stand con produtos de comercio xusto da ONGD Solidaridade Internacional

Aínda que estabamos moi liadas, grazas á colaboración sobre todo de Noelia e Uxía (2º ESO B), e tamén da coidadora Yolanda, poidemos facer bastantes ventas e que cadraran perfectamente as contas. 

Para a próxima edición, máis!!!




Arrancamos co Mundo que queremos

Na semana do 9 de decembro e seguinte tivemos os primeiros obradoiros do noso Proxecta, nos 2º e 4º ESO. 
No primeiro obradoiro aprendimos, utilizando os nosos corpos e as cadeiras, o desigual reparto de poboación e riquezas nos diversos continentes do mundo. Vivenciar esa inequidade motivounos a pensar como podemos contribuir a cambiar.
No segundo obradoiro, os grupos de 2º ESO traballaron sobre a radio, e o de 4º sobre fotografía. Todos empezaron a darlle voltas a que programas de radio ían facer e con que contidos e a que fotos ían apuntar.
Se queredes, xa podedes escoitarnos un pouco na radio: na radio galega, e na radio comunitaria CUAC FM (entre os minutos 10 e 23 do programa Alegría, do martes 15 de decembro)


Primeiro obradoiro:



 











Segundo obradoiro:



 













Tedes máis fotos no facebook da biblioteca  e no twitter do instituto

venres, 11 de decembro de 2015

As touradas a debate

O pasado 25 e 26 de novembro tivo lugar a primeira ronda de debates no noso centro. O tema elixido foi as touradas, e aínda que a maioría estaban en contra houbo que debater. 

Foi unha intensa experiencia, da que aprendimos un montón. Houbo catro grupos ganadores que terán que enfrontarse nunha segunda volta no segundo trimestre.

En Valores éticos de 3º A preparouse un grupo para debater e aquí recollo anacos das súas impresións: 

"Cando nos sentamos á mesa estabamos moi nerviosos e en canto entraron os de bacharelato (como público) púxémonos aínda máis.
Para min o debate foi intenso, non sabiamos se nos tocaba en contra ou se lles tocaba a favor ao outro grupo. Era o momento decisivo e tiñamos moitos nervios. Xosé, o profesor de galego, fixo un sorteo un neno calquera colleu un papel e o neno dixo: 
    - O grupo de terceiro, a favor. 
Ao final tocou a favor e comezou falar Nerea. Tiñamos a tranquilidade de que estaba moi preparado, pero ao mellor os de cuarto tamén...
Nerea saíu falar e fíxoo moi ben, malia o nerviosa que estaba. Despois tocoulles a eles... e logo de novo nós. Tamara fíxoo moi ben improvisando o que poido. Na segunda réplica poidemos replicarlles un pouco e iso deunos confianza.
O noso grupo debatiu fenomenal.
Os compañeiros que falaron á hora de saír falar ante o público dérono todo. Fixérono xenial, debatiron como nunca! Cando ían dicir quen gañaba, estabamos ansiosos.
Tiñamos moito medo de perder xa que era contra cuarto e son máis maiores, e aínda encima tocáranos defender as touradas e todos estabamos en contra...

Era o momento da verdade, o xurado reuniuse para votar quen era o gañador, o noso grupo tivera unha actuación positiva e sabiamos que íamos gañar... Así foi, celebrámolo moito e agora tocará actuar e practicar para o próximo debate.

Cando nos dixeron que ganaramos puxémonos moi contentos ao ver que o noso esforzo fora recompensado. O debate foi máis divertido do que pensabamos..."


(Popurrí do escrito por Joaquín, Yeirelin, Mariña, Lara, Samuel, Nerea, Ronald; Tamara faltou o día dos comentarios...)

Por suposto, cada un dos oito grupos viviuno á súa maneira (supoñemos que case todos moi intensa), mais creo que a experiencia foi moi positiva para todos os que participaron, tanto rapaces e rapazas como profes. 
Por certo os GRUPOS  GAÑADORES foron: 1º ESO A (preparado por Xosé), 2º ESO A (Roberto), 2º ESO A (María) e 3º ESO A (África).




















Axiña repetiremos!


(As fotos son de diversos grupos, of course)

xoves, 3 de decembro de 2015

De visita polo Parlamento

Cóntanolo primeiro Uxía Blanco e logo Sara Romay (4º ESO):

UXÍA: O alumnado de 3º e 4º da ESO fixemos unha saída a Santiago o pasado mércores 25 de novembro. Fomos de visita ao Parlamento de Galicia, onde puidemos acceder a diferentes salas e mesmo a un pleno.

A visita foi moi agradable xa que puidemos visitar todo o parlamento aínda que un pouco ás presas. Tamén entramos a un pleno donde falaron do sector lácteo e outro a medias das vacinas sobre a meninxite B ambos os dous son temas moi interesantes.


Aquí podedes ver unhas cantas fotos:




SARA: Chegamos a Santiago os alumnos de 3 e 4 da ESO e as profesoras Mar e África; déronos uns cuestionarios sobre Santiago que tiñamos que resolver mentres viamos a cidade. Vimos un pouco a cidade e fomos ver a Catedral un pouco pouco por fora. Cando vimos que era a hora de volver ao sitio citado volvemos. De camiño vimos que había un sitio onde vendían pizza por 1€ e que alí estaban todos, ou case todos, os compañeiros da nosa clase. Esperamos a que acabaran para ir xuntos ao sitio indicado. 
Chegamos ao sitio,que por certo era una esquina, e démonos conta de que aínda faltaban uns cantos compañeiros. Como xa ía sendo hora de ir cara o Parlamento a profesora Mar decidíu que foramos indo. Cando chegamos as profesoras colleron os tiques e cando xa estábamos todos, entramos. Tivemos que pasar por un detector metais e a xente que tiña mochilas ou bolsos tivo que facelas pasar por una cinta de raios x. Un guía foinos levando polo Parlamento e enseñándonos as diferentes salas. Nun momento dado veunos visitar unha amiga de África que é menbro do Parlamento e contounos un pouco de que ía o Parlamento e que agora mesmo estaban tendo un debate cos membros do Parlamento. Logo fomos ver o debate e de que ía a orde de día. Cando acabamos fomos ao salón dos reis, creo que se chamaba así, e déronnos un libro e as grazas por vir. Antes de subir ao bús fomos comprar algo de comer e cando acabamos subimos ao bus e de volta A Coruña. 
Teño que decir que pensaba que ía ser un rollo de excursión pero a verdade é que mo pasei moi ben e gustaríame volver repetila.


mércores, 2 de decembro de 2015

A beleza está en todas partes, mesmo no lixo

O pasado martes 24 de novembro  fomos co curso de 1º Bac ao MAC, un museo de luxo a 200 metros (metro arriba, metro abaixo) a ver un combinado de exposicións da man do magnífico guía Jorge: os pintores Juan Genovés (Valencia, 1930) e  Wang Guangyi  e fotos do galego Jesús Madriñán.

Foi unha visita, como nos conta Rocío Gómez (1º Bac), que nos "amosou dobres sentido e significados ocultos das obras; desde traumas ata formas de reciclar. Wang ensinounos  -coa exposición Las reliquias de los creyentes unha  unha forma de protexernos en caso de bomba atómica, como se facía na China da súa nenez". 







O segundo artista, Juan Genovés, a través da exposición titulada Multitudes, e seguindo coas palabras de Rocío, "engañou ao noso cerebro e a nosa vista, usando lixo para convertilo en parte dunha obra incrible".






"E o último artista que vimos ensinounos que a paixón polo seu traballo trae froitos e que a beleza está en todas partes".



Todas as fotos son de Carmen Paz (1º Bac).











Axiña volveremos, con 4º ESO, a ver a exposición de Lino Lago Esto no es una pipa... Promete...