venres, 26 de outubro de 2018

Película "O lugar que nos prometemos"

O pasado mércores 17 de outubro o alumnado de 1º e 2º Bach de Filosofía asistíu á proxección da película de anime "El lugar que nos prometimos" (2004) no Museo de Arte contemporánea (como saberedes, a punto de pechar). 

Trátase dun filme de Makoto Shinkai, do que temos moito que dicir: 


En canto á valoración da película algúns dos comentarios realizados son: 
- Gustoume, pero pareceume algo lenta; ensina os valores da amizade.
- Lieime con tanto salto temporal, fíxome longa.
- A música estaba ben, así como tamén a imaxe. 
- Os personaxes non tiñan a mesma calidade que as paisaxes e cando se lles enfoca de lonxe non se lle debuxa a cara detalladamente, aínda que o realismo das paisaxes fixo que a calidade da imaxe subira. 
-  A película é boa, pero hai escenas onde te perdes.
- Unha historia confusa e un guión confuso, pero non te aburres, necesitas saber como acabará; a parte, a música e a animación fan que sexa máis levadeira. 

Algunhas reflexións en torno ao tema de realidade e aparencia
- É unha película que mestura moito fantasía e realidade, pois ao incluir mundos paralelos empeza todo a parecer moi de fantasía. 

- A realidade non é máis que un cúmulo de impresións das persoas, a vida que vivimos día a día non deixa de ser unhas respostas fronte a estímulos que captamos de xeito subxectivo.
- Pareceume moi interesante o do estado de coma. Segundo a información de estudos científicos, nesa situación non podes sentir ou percibir. Aparentemente parece que estás dormida, xa que respiras, sen embargo cando unha persoa está dormida pode chegar a espertar con estímulos do exterior, e estando en coma non. A pesar de estar con vida, só está presente o teu corpo, moitas funcións paralízanse. Unha das grandes cuestións é saber se podes oír, sentir ou notar algo, se tes como outra vida na que realmente non estás en coma. Outro tema moi interesante é o dos soños. A pesar de ser imaxinación túa, teñen algo real e unhas previas vivencias ou peocupación nas que basearse. Así que non son só aparencia nosas, xa que moitas veces soñamos cousas que xa vivimos, a maioría das veces lembranzas que nos marcaron. 



Se poidésemos facerlle preguntas ao Director, algunhas serían: 
En que te inspiraches para facer a película? Cal é o teu personaxe favorito? Como se che ocorreu o dos mundos paralelos? Cre que se podería chegar a comunicarse a través dos soños? En que vivencias persoais te baseaches para facer o argumento? Por que "O lugar que nos prometemos" e non outro título? Que sensación sentiches ao ver o éxito da pelúcla? Que significan as torres?Como se che ocorreu toda a situación da guerra? Por que mestura o amor cos mundos paralelos? por que escolle unha torre e non outro elemento? Que pretendes conseguir cos cambios no tempo? Por que quedou en coma a rapaza? Por que unha realidade alternativa?

Ningún comentario:

Publicar un comentario