sábado, 21 de abril de 2018

O debate do Lugrís



O pasado mércores 18 xuntámonos no Salón de Actos para ver como un equipo de 4º ESO (Filosofía) afiaba os seus argumentos para enfrontarse a outros de 2º ESO A (Valores éticos). O tema do debate foi a Discriminación positiva (ou Acción positiva). A favor (2º ESO) e en contra (4º ESO). 


O público, entre eles alumnado de 1º ESO, estivo moi atento ás refutacións e interpelacións entre uns e outros, que por momentos foron bastante intensas. 


Ambos equipos estiveron á altura e o xurado  (os profes Francisca, Marián e Roberto) non o tivo doado para decidir quen era o gañador, tendo tamén en conta que había diferenza de idade entre eles. Finalmente, inclináronse polos de 4º, sinalando puntos febles e fortes de ambos equipos.


Así, preparámosnos para o Gran Debate contra o IES Parga Pondal, como mesmo tema, o próximo mércores 25. 



Unha boa presentación, con vídeo incluído!


Edison, Ariel, Jairo (2º ESO)

O equipo de 2º ESO


Laura e Pedro, en acción




Namia, Ariel, Jairo



O equipo de 4º ao completo escoita a Jairo


Daniel, de 4º, empeza a lanzarse ;)


Hugo, de 2º, realiza a conclusión


Grazas polo esforzo e implicación! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario