Seguindo a filosofar, deixamos aquí a disertación de Lara López Suárez, de 1º Bach, en torno a se a violencia machista é innata ou aprendida.
"A violencia machista é un tipo de violencia na que unha muller é maltratada tanto física como psicoloxicamente pola súa parella ou exparella. Este tipo de violencia ocorre todos os días en todos os lugares do mundo, o que fai que nos plantexemos se é algo que aprenden ou é un comportamento innato.
Na miña opinión, é algo que todos os homes aprenden, aínda que a maioría poda ser de forma involuntaria. Que estea así no seu código xenético parece máis ben unha escusa para dicir que non poden evitalo, pero todos sabemos que si pode evitarse.Na maioría dos casos o que ocorre é que, nunha parella, o home comeza a controlar á muller porque pensa que ten dereito a facelo. Ese control vai a máis -chegando mesmo a matala- sen que a muller se dea de conta do que acontece. Cando intenta saír desa relación, non se lle dá a suficiente importancia á denuncia por malos tratos e pode chegar a pasar que o home a asasine.Isto ocorre por dous motivos: os estereotipos que incitan aos homes a ser os fortes que coidan das débiles mulleres e pola pouca importancia que se lle dá a intentar evitalo. As dúas razóns están relacionadas, porque se toda a sociedade tivese outra forma de pensar e deixasen de existir os estereotipos probablemente a violencia machista non existiría.Os estereotipos chégannos por todos lados, na televisión, nas revistas, nos xoguetes, etc. Pero incluso chegan desde os pais, que en certos casos poden ser os culpables de que os seus fillos pensen que teñen o deber de controlar á súa muller, e que poden chegar a agredila fisicamente se é necesario.Por desgraza, esta forma de pensar segue transmitíndose de xeración en xeración ata que consigamos dar unha educación que logre eliminar a violencia machista para sempre.
Por todo isto, penso que a violencia machista é adquirida durante a vida e non vén no código xenético."
Ningún comentario:
Publicar un comentario