Amosando publicacións coa etiqueta Unesco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Unesco. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de novembro de 2018

Día Mundial da Filosofía

"O pensador", de Rodin, en pezas de Lego (nunha exposición en Roma)

Este xoves 15 de novembro celébrase como cada terceiro xoves de novembro, desde o ano 2005, o Día Mundial da Filosofía, a iniciativa da UNESCO. 
Desta volta, ímolo celebrar cunhas magníficas reflexións de Nerea Iglesias e Miguel Pérez (1º Bach). Aquí quedan: 

sábado, 3 de decembro de 2016

Aristóteles


Aristóteles


Este ano a UNESCO, a promotora dos Días Internacionais da Filosofía e da Tolerancia, celebra tamén os aniversarios de Aristóteles e Leibniz"Con varios séculos de diferenza e en contextos culturais moi distintos, ambos tiñan en común o feito de situar a filosofía no corazón da vida pública, como un elemento central dunha vida digna e libre".

En 2º de Bacharelato acabamos de finalizar con Aristóteles. No exame os resultados foron bastante bos. E agora imos a polo helenismo, no sen antes felicitarnos polos 2.400 anos que pasaron desde o nacemento de  Aristóteles. 

O punto culminante das celebracións de Aristóteles tivo lugar en maio cun congreso sobre a súa figura na Universidade Aristóteles de Tesalónica, na antiga Estaxira, lugar de nacemento de Aristóteles, e tamén na antiga Mieza, onde o filósofo impartíu as súas ensinanzas a Alexandre Magno.

Por se vos pica a curiosidade, déixovos algunhas noticias máis ou menos recentes en torno a Aristóteles:
- Sobre a súa tumba en Estaxira.
- Acerca da apertura ao público do Liceo aristotélico.
- En relación ás últimas palabras de Alexandre Magno.



Liceo aristotélico, na actualidade
Mieza, onde Aristóteles ensinou a Alexandre








venres, 18 de novembro de 2016

Celebramos a filosofía con tolerancia


     

No terceiro do xoves de novembro celébrase o Día Mundial da Filosofía  co fin de estimular o pensamento crítico e independente así como de traballar en aras dun mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia.

Cada ano ten un tema específico e o deste ano é precisamente o da tolerancia, valor celebrado o 16 de novembro (no Día internacional da Tolerancia). Como di Irina Bokova, a directora da Unesco, no discurso de commemoración deste día: "Ao igual que a tolerancia, a filosofía é unha forma de convivencia dentro do respeto dos dereitos e os valores comúns. Representa tamén unha capacidade para ver o mundo a través dunha mirada crítica, consciente do parecer dos demais, fortalecida pola liberdade de pensamento, de conciencia e de crenzas".

Se queredes gozar filosofando un pouco, podedes ler o artigo de Carme Adán sobre: "Pensar... Ese pracer esquecido"

E tamén podedes ver un montón de breves reflexións sobre a filosofía vía twitter cos hashtags #diamundialdelafilosofía e #filosofers

Quedan aquí algúns filosofemas e imaxes en torno ao tema. Animádesvos a engadir  algún? Ou mesmo, atrevédesvos a propoñer algunha reflexión propia?


"Vivir sen filosofar é, propiamente, ter os ollos pechados, sen tratar de abrilos xamais" (R. Descartes)


"Poucos ven o que somos, pero todos ven o que aparentamos" (Maquiavelo)





Espero polos vosos comentarios ;)