Amosando publicacións coa etiqueta MAC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MAC. Amosar todas as publicacións

venres, 26 de outubro de 2018

Película "O lugar que nos prometemos"

O pasado mércores 17 de outubro o alumnado de 1º e 2º Bach de Filosofía asistíu á proxección da película de anime "El lugar que nos prometimos" (2004) no Museo de Arte contemporánea (como saberedes, a punto de pechar). 

Trátase dun filme de Makoto Shinkai, do que temos moito que dicir: 

xoves, 9 de novembro de 2017

A arte que nos fai pensar




O pasado  martes 31 de outubro o alumnado de 4º ESO, 1º Bacharelato e 2º STI visitamos o MAC (Museo de Arte Contemporánea) para ver as exposicións da pintora Lita Cabellut e do fotógrafo Pablo Genovés


mércores, 2 de decembro de 2015

A beleza está en todas partes, mesmo no lixo

O pasado martes 24 de novembro  fomos co curso de 1º Bac ao MAC, un museo de luxo a 200 metros (metro arriba, metro abaixo) a ver un combinado de exposicións da man do magnífico guía Jorge: os pintores Juan Genovés (Valencia, 1930) e  Wang Guangyi  e fotos do galego Jesús Madriñán.

Foi unha visita, como nos conta Rocío Gómez (1º Bac), que nos "amosou dobres sentido e significados ocultos das obras; desde traumas ata formas de reciclar. Wang ensinounos  -coa exposición Las reliquias de los creyentes unha  unha forma de protexernos en caso de bomba atómica, como se facía na China da súa nenez". 







O segundo artista, Juan Genovés, a través da exposición titulada Multitudes, e seguindo coas palabras de Rocío, "engañou ao noso cerebro e a nosa vista, usando lixo para convertilo en parte dunha obra incrible".






"E o último artista que vimos ensinounos que a paixón polo seu traballo trae froitos e que a beleza está en todas partes".



Todas as fotos son de Carmen Paz (1º Bac).











Axiña volveremos, con 4º ESO, a ver a exposición de Lino Lago Esto no es una pipa... Promete...