mércores, 14 de novembro de 2018

Día Mundial da Filosofía

"O pensador", de Rodin, en pezas de Lego (nunha exposición en Roma)

Este xoves 15 de novembro celébrase como cada terceiro xoves de novembro, desde o ano 2005, o Día Mundial da Filosofía, a iniciativa da UNESCO. 
Desta volta, ímolo celebrar cunhas magníficas reflexións de Nerea Iglesias e Miguel Pérez (1º Bach). Aquí quedan: 

"A filosofía é algo que sempre vai existir na historia, é algo clave para vivir e para desenvolvernos como persoas; penso que sen ela non seríamos capaces de ver a vida dunha forma diferente, non poderiamos preguntarnos polo universal. A ciencia e a tecnoloxía son moi importantes para coñecer o mundo, pero creo que a filosofía está por enriba deslas, baseándome na historia da filosofía: a ciencia e esta estaban unidas, pero logo separáronse. Con isto quedicir que todo oque sabemos hoxe en día é grazas á filosofía e aos seus marabillosos filósofos, que son como mestres que dominaba case todos os saberes. Tamén quero falar de que a tecnoloxía é boa nalgúns aspectos, pero noutros non é tan boa, xa que nos perxudica; as redes sociais teñen moito que ver niso, atrofínnos o cerebro e, ao haber tantas tecnoloxía como móbiles, ordenadores etc, preocupámonos máis deles que de ler un libro, por exemplo. Por iso considero que filosofar é o máis importante, xa que nos axuda a desenvolver o noso cerebro e a nosa mente.
En conclusión, penso que se no mundo non existise a filosofía ou o desexo de filosofar, as persoas non terían sentido. Como dixo Kant: "atrévete a saber; isto quere dicir que canto máis saibamos, máis medraremos como persoas, a filosofía é cultura e a cultura axúdanos a ser mellores persoas e a non estancarnos; polo tanto, sen ela morreriamos."
(NEREA IGLESIAS MUÑOZ)   

     
"Haberá quen pense que con tanta tecnoloxía non fai falta pensar nin razoar.
Hoxe en día temos calquera tipo de información ao instante, con só pulsar unhas cantas teclas. Mais cando teñamos que enfrontarnos a algún problema na nosa vida, nin o ordenador, o teléfono móbil, nin a calculadora vino solucionar. Temos que aprender a
pensar e a razoar por nós mesmos. Moita información que nos outorgan as novas tecnoloxías pode ser falsa, somos engañados constantemente, polo cal temos que saber razoas. A vida non nos dá todo feito, polo que temos que saber pensar e sacar as nosas propias opinións, sen deixanos levar por outras opinións. Temos que pensar libremente e coa nosa propia razón. As novas tenoloxías non só non son necesarias para pensar, senón que nos fan deixar de facelo, ata o punto de non saber vivir sen elas. As ciencias son importantes e axudáronnos moito ao longo da historia, a saber e coñecer o que nos ordea, pero quítanlle importancia á filosofía, como que "non serve para nada". Incluso na escola non se lle dá importancia, mesmo quitaron a obriga de cursala en seundo de bacharelato. Pero moita xente non se dá conta de que a filosofía é a ciencia suprema, sen ela non existiría nin a ciencia nin a tecnoloxía, é a nai de todas as cinecias. A filosofía non só nos axuda a comprender a vida, senón tamén a saber vivila. Grazas a ela pensamos por nós mesmos, sen dar nada por suposto, sácanos a nosa actitude crítica, a que a tecnoloxía non nos outorga. O importante da filosofía non son as respostas, senón as súas preguntas. 
En conclusión, a filosofía é tan importante ou máis que calquera avance tecnolóxico ou lei científica. A filosofía fanos libres, rompe os límites do noso pensamento.  
(MIGUEL A. PÉREZ REDONDO) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario