xoves, 14 de abril de 2016

Lugrisiáns no Vilariño do poeta Díaz Castro

O pasado xoves 7 de abril fomos cun variado grupo de rapaces e rapazas tras as pegadas do poeta Díaz Castro, da man dos magníficos guías do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.


Neste instituto, con quen tamén fixemos intercambio hai dous cursos, levan tempo traballando de xeito moi activo en torno ao poeta que dá nome ao seu centro e que foi o conmemorado no Día das Letras galegas no 2014. A vez anterior estivemos no centro o día da celebración do centenario do nacemento de Xosé María Díaz Castro (1914-1989). 

Nesta ocasión o alumnado (e profes acompañantes) percorreu o lugar natal do poeta, na aldea do Vilariño (Os Vilares, Guitiriz). Divididos en catro grupo aprenderon xogando cos rapaces que fan de guías. 

Foi unha xornada festiva e interesante. Unha lúdica e instrutiva inmersión rural:







O 21 de xuño recibimos aos de Guitiriz en Coruña e presentarémoslles o "noso" pintor Díaz Castro. Seguro que estamos damos o talle!



mércores, 13 de abril de 2016

Perto de Colombia

Este pasado luns  (11 de abril) estivo con nós o director da Fundación Forjando futuros, Gerardo Vega. Acababa de chegar de Medellín, Colombia,  aínda que non nos deixou entrever o jet-lag que estaba sufrindo:) 
Comezou a súa charla ubicándonos na realidade dos datos básicos sobre Colombia para logo ir meténdose -meténdonos- no conflito armado no que vive o seu país desde hai máis de 50 anos.  O máis interesante -pensamos- estivo en como nos foi relatando o proceso de ir poñendo vías de pacíficación para encamiñar solucións aos problemas das víctimas, dos sobrevivintes.  Falounos de como tratan de reparar o daño causado a través de loitas pola devolución de terras, e o uso de medios de comunicación como a televisión, a radio, os folletos... Un traballo enorme e admirable. 

O alumnado de 2º e 4º púxose logo a traballar por grupos dirixido por Ros: realizaron materiais para un noticiario sobre o aprendido. Algúns dos ttitulares resultantes foron: 


  •  Produciuse un desprazamento forzado de 5,3 millóns de persoas. 
  •  Máis de 5.000 menores de idade foron enviados a loitar á guerra (mediante ameazas).
  • O Estado era consciente da situación que se estaba a producir no país, pero non interviu nesta inxustiza.
  •  Utilízanse programas de TV de entre 1 e 30 minutos para axudar ás vítimas ou para informar á xente.
  • 17 persoas que colaboraban foron asasinadas por este tipo de cousas, polo que agora teñen que ir con máis seguridade e tomar máis medidas. 
  •  Pasaron 15 anos para que 18 familias recuperaran as súas terras e a súa vida. 
  • Realizaron 1.400 melloras en vivendas para que a xente poida vivir como se merece. 
  • Só 1 chico de cada 11 chega á universidade. 
Bo traballo, mozos e mozas. Laura foi a encargada das fotos:















 



Grazas aos organizadores e monitores do proxecto por poñer tanto interese e ilusión!!!