xoves, 29 de novembro de 2018

Sobre a novela gráfica "En la vida real"

Como estamos a voltas co tema de "Realidade e aparencia", porque é o da VI Olimpíada filosófica de Galicia, déixovos aquí unha suxestión de lectura: En la vida real, de Cory Doctorow e Jen Wang (2014). 

Miguel Pérez Redondo (1º Bach) leuno  e cóntanos un pouco sobre el: 



"O libro trata sobre Amanda, que se muda a unha nova cidade e no seu primeiro día de clase (que coincide co seu aniversario) chega á súa aula unha "gamer", Liza McCombs, capitana dun clan no xogo de Terraáurea, para recrutar mozas que queiran xogar. Amanda subscrítse e coñece a Lucy, á quen ela chama "Sargen". Esta convence a Amada para facer misións e matar granxeiros no xogo a cambio de cartos, sen moitivo algún, xa que ela non quere pelexar. Os granxeitos dedícanse a recolectar obxectos valiosos para verdelos a xogadores con diñeiro. Nunha misión coñece a Raymond, un rapaz de 16 anos, de China, que traballa colleitando ouro, porque non ten cartos..." 

Non contamos máis do seu argumento para que vos animedes a lelo... Pero si que poñemos o seu comentario persoal: 


  "En relación á aparencia diría que as aparencias enganan. Non podes fiarte de alguén só polo seu avatar, porque non estás vendo como é esa persoa realmente. Ese mundo non é real  e detrás deses avatares escóndense persoas reais con circunstancias que non podes coñecer a través do xogo. As persoas si son reais e moitas veces agóchanse nesa realidade virtual sen ver a auténtica realidade, como no mito da caverna de Platón (miramos soamente a pantalla do ordenador, sen mover a vista, só observamos o que nos concede esa realidade virtual , sen decatarnos de que non todo é matar grnxeiros para subir de nivel). Detrás de todo iso hai máis. Raymond parecía soamente un granxeiro colleitando ouro, pero detrás del había unha historia moi dura e un motivo para estar aí. Nada neses xogos é real e moitos, non obstante, terminan por crelo. Amanda, por exemplo, crese o dos cartos sen coñecer quen o mandaba e ingresaba." 

Para finalizar, Miguel dinos que:
 "llo recomendaría ás persoas que están viciadas cos videoxogos ou as redes sociais para que teñan coidado. No se pode saber que está detrás deses avatares"

Ningún comentario:

Publicar un comentario