O pasado venres 23 de marzo marchamos en tren a Santiago para participar da final galega da V Olimpíada filosófica.
Pola mañá, logo da Benvida por parte das persoas organizadoras, asistimos á final das modalidades de Disertacións e de Dilemas, catro en cada caso.
Despois houbo un tempo libre para pasear polo casco vello de Santiago. Xantamos xuntos na Facultade e cantamos xuntos Revolution, dos Beatles.
Á tarde vimos unha simpática obra de teatro, "Filosofar a paus" na que se investigaba o por que das filósofas ocultas ao longo da historia do pensamento. O texto é de Miguel Vázquez Freire e a posta en escea de Berrobambán (Dirección: Chiqui Pereira: Intérpretes: Liza G. Suárez e Sergio Llauger). .
Seguidamente a final de fotos e vídeos. E para finalizar asistimos a unha charla do profesor de Filosofía de ensino medio Daniel Rosende, creador do canle de youtube Unboxing Philosophy.
Ningún comentario:
Publicar un comentario