sábado, 30 de xaneiro de 2016

De visita por La Voz de Galicia

O pasado mércores 27 de xaneiro, fomos todo 2º ESO a visitar as instalacións de La Voz de Galicia en Arteixo. Vimos a súa redacción, un plató de TV, a gran zona de máquinas (coas modernas rotativas e moitas outras), a enormes bobinas de papel... e logo o museo, con moitísimas portadas en exposición e tamén con antigas máquinas de impresión. 
Nesta última parte, poidemos ver o xornal máis antigo de Galicia, El Catón compostelano (de 1800), o máis antigo que eles teñen (Nuevos avisos de Inglaterra, de 1599) e numerosos feitos históricos a través da prensa. Resultou moi interesante...












E, por riba, aínda tivemos tempo para algunha broma!!!

martes, 26 de xaneiro de 2016

Gravando e fotografiando para O mundo que queremos


Onte martes 26 de xaneiro tivemos o noso terceiro obradoiro do Proxecta O mundo que queremos. Xa co taballo en marcha, estes obradoidros impartidos por Montse e Óscar constituíron unha inestimable axuda e impulso ao que, a tentas, estabamos a facer. 

Xa temos bosquexos de catro programas de radio e outros tantos de montaxes fotográficos. Todo isto en torno ao Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº 16.
Varios rapaces estiveron rapeando para lograr unha impactante cuña contra a violencia machista, outras investigando sobre refuxiados de Siria, outros máis investigando sobre as condición de vida no cárcere máis preto de nós, o de Teixeiro...
Non contamos máis de momento... queda moito traballo por diante. Seguiremos a aprender mentres facemos.



2º ESO A



2º ESO B


4º ESO


 Ata a próxima!!! 

sábado, 23 de xaneiro de 2016

As belas imaxes

Imos participar na III Olimpiada de Filosofía Galega, en dous apartados, no de dilemas morais (4º ESO) e no de fotografía (1º Bac). 

Sheila
Os dilemas versan en torno á nosa responsabilidade fronte aos animais e as fotografías son sobre a Beleza (así, con maiúscula). En 1º Bac houbo bastante que se esforzaron para presentarnos que lles suxire esta palabra, polo que nos animamos a expoñelo na entrada do centro e aquí déixovos un enlace para que podades gozar de todas as fotos. 

Lara

Andrea

Sara

Carmen

Moitas grazas por estas belas imaxes!!!



Redes sociais para participar en O MUNDO QUE QUEREMOS

Montse, a monitora que nos ensina a facer programas de radio, lémbranos as redes sociais en que podemos participar para ir amosando o que facemos e para ver o que fan os demais. 



Animádevos a participar!!!
Lembrade que este martes 26, durante a mañá teremos o terceiro obradoiro do Proxecta. Entre todos e todas estamos preparándonos para difundir o Obxectivo do Milenio nº 16; PAZ E XUSTIZA...





    Nisto andamos!!!

venres, 1 de xaneiro de 2016

Ano novo


Empeza hoxe o ano novo ou así se di. E por que empeza agora e non noutro momento sería unha boa pregunta filosófica, non si? Neste artigo do xornal El País fálase un pouco desta historia.

De que a data do 1 de xaneiro é bastante convencional, de que o noso calendario, o gregoriano, non é o seguido en todas as partes do mundo. É ben coñecido que para os chineses o novo ano comeza "nunha data variable entre os meses de febreiro e marzo do noso calendario gregoriano. O ano novo nos países rexidos polo calendario musulmán empeza co mes de Muharram, tamén nunha data variable que en 2015 coincidíu co 14 de outubro, cando se inaugurou o ano 1437 da era da Héxira. Na India, o ano novo tamén se celebrou o pasado novembro, na primeira lúa nova do mes de Kartika, aínda que, como no caso xudeo e outros, o mes en que se celebra o ano novo non é necesariamente o mesmo no que oficialmente comeza o calendario".
En todo caso, celebremos con alegría este ano que comeza e non deixemos de enchernos de bos propósitos... para logo poder cumprir algún:)


Calendario chinés, segundo o cal
estamos no ano do mono