Logo dunhas cinco semanas preparándonos, o alumnado de 4º ESO B, dividido en dous grupos, realizou o pasado mércores 21 de abril a gravación de dous programas sobre sendos temas elixidos por eles. Todo este traballo estase a realizar no marco do contrato programa Eduemociona e dirixido por Cristina de la Torre.
A saúde mental foi o tema elixido polo grupo de: Darío Rodríguez, Jay Cameán, Danna Villamizar, Rouset Fente, Ariel Canario e Rodrigo Aba.
E a educación sexoafectiva foi o elixido por: Mateo Naveira, Ainara Álvarez, Xabier Rama, Diego Rosua, Michele Molina e Romina Ocampo.
Como mencionamos, para a elaboración dos guións e a gravación recibimos o apoio de Cristina de la Torre, quen xa traballou co centro en varias ocasións. E ademais hemos de agradecer a súa colaboración ao profesorado do centro Piqui Debén, Cristina Trillo e Pedro López, á psicóloga e escritora Ana Torres Jack, a Iago Legaspi, traballador social de Quérote+, a Rubén, traballador do Comité antisida da Coruña e tamén a Daniel Rosua, ex alumno deste centro.
Mentres agardamos que se vaian cocendo (a través das mans máxicas de Cristina) os resultados, quedan aquí imaxes do mércores 21, día que dedicamos da mañá á tarde a grabar entre nervios, dedicación e paixón e algunhas máis en "imaxes da gravación":
Seguiremos con estes temas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario