domingo, 30 de maio de 2021

Máis aulas en feminino

Este pasado venres 28, o alumnado de Oratoria (1º Bach) realizou unha presentación das mulleres galegas que dan nome a aulas, talleres e espazos varios do centro. 

Nesta ocasión "inauguramos": 

- a Aula 005, co nome das médicas Jimena e Elisa Fernández de la Vega, que foron explicadas por Valery Villamizar e Dalila Barrera, 

- a Secretaría co nome da filántropa e escritora Juana de Vega, que foi explicada Laura Escobar e Isaac Mouzo, 

- a Aula 111, co nome da pintora Julia Minguillón, comentada por Jamile Vieira.

- a Aula 112, co nome da xinecóloga Olimpia Valencia, presentada por Carmen Tomé.

- a Aula 207, co nome da astrónoma Antonia Ferrín, de que nos falaron Hugo Costoya e Edison Dávila.

- o Taller 12, co nome das Irmás Touza, de quen nos ilustraron Jorge Peguero e Xabi Barreiros

E quedaron algunhas outras para seguir en breve, dedicadas a Antía Yáñez, Teresa Herrera etc. 


Podedes ver unha montaxe de fotos en Quick Aulas en feminino







O mesmo día tamén se entregaron premios de Xadrez e de Cinema pola igualdade. Un venres intenso ;)


Ningún comentario:

Publicar un comentario