sábado, 13 de marzo de 2021

Emilia Pardo Bazán no Día das mulleres


Como sabedes, o pasado luns 8 de marzo celebrouse o Día internacional das mulleres, en reivindicación da igualdade efectiva entre mulleres e homes. No centro, e desde a comisión de igualdade, quixemos sumarnos á loita pola igualdade con algunhas actividades. Convocamos un concurso de slogans pola igualdade, que podedes ver áentrada do centro. En colaboración co club de cinema, se están a proxectar películas sobre o tema da igualdade en moitos cursos. E co equipo de Dinamización lingüística puxemos o nomede Emilia Pardo Bazán á cafetaría, dando continuidade ás Aulas en feminino.

Paula, Jorge e Valeria, da Comisión de Igualdade


Pensamos que esta escritora coruñesa e universal, da que se celebra o centenario da súa morte este ano (concretamente no mes de maio), debería ocupar un lugar importante no centro, como tamén o fan Rosalía de Castro no Salón de actos, Concepción Arenal na sala do profesorado e moitas outras.

Como se di na placa que a homenaxea, Pardo Bazán foi novelista, xornalista, contista, ensaísta, crítica literaria, poeta, dramaturga, tradutora, editora, catedrática, conferenciante. Entre outros logros, foi a primeira catedrática universitaria de linguas neolatinas. Algunhas das súas obras máis notables foron “Los pazos de Ulloa”, “La Tribuna” e “La madre naturaleza”. Na súa obra utiliza o nome de Marineda para referirse a  A Coruña. Ademais de todo isto, foi unhaperspicaz e valente persoa que reivindicou moitos dereitos das mulleres nas súas obras e actuou publicamente para defendelos.

Paula Parga, de 2º Bach, presentou o acto e a Valeria Fernández (3º ESO A) e Jorge Gutiérrez (3º ESO A) continuación realizaron unha lectura do conto de "El encaje roto" de Emilia Pardo Bazán e logo unha reflexión propia sobre o mesmo.  

Todo isto nas pistas do centro, baixo un ceo gris e chuvioso. A continuación entregáron os premios do concurso de mulleres e ciencia, realizado días antes no centro. 

Quedan aquí algunhas fotos do acto de conmemoración: 








A próxima semana, o venres 26, entregaranse os premios do Concurso de Slogans pola igualdade

Ningún comentario:

Publicar un comentario