O venres 23 de abril, coincidindo co día do libro, entregáronse na facultade de filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, os premios aos catro mellores traballos das modalidades de fotografía, banda deseñada e vídeo.
Este ano non puidemos asistir por mor do límite de aforo en tempos de pandemia, como si fixemos noutros anos, pero si estivo a vosa profe en calidade de membro do xurado.
Podedes consultar cales foron as obras gañadoras no apartado de novas do sitio web da Olimpíada filosófica galega. Quedan aquí algunhas imaxes deste encontro:
Houbo tamén mascarillas cunha cita da filósofa Simone Weil para as mellores contribucións do noso centro:
Seguimos!
Tomamos inspiración da cita de Weil:
"Hai que realizar o posible para alcanzar o imposible!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario