domingo, 20 de xuño de 2021

Exposición "Nós tamén somos trans"

 


Solidarizándonos, sensibilizándonos, aprendendo das múltiples e variadas persoas trans... Isto é o que estivemos e estamos a facer a través, entre outros, desta exposición na que a Comisión de igualdade amosa a algunhas persoas trans de diferentes ámbitos sociais.

Podedes ver toda a exposición con detalle neste enlace.

As persoas que amosamos son: 

- Ángela Ponce, modelo
- Bibiana Fernández, actriz e cantante
- Carla Antonelli, actriz e exdeputada
- Elena Long, física nuclear
- Elliot Page, actor e produtor de cine
- Irmás Wachowski, directora de cine
- Juani Bermejo, profesora de computación
- Lili Elbe, artista
- Marsha P. Johnson, artista e activista
- Michael Dillon, médico
- Nee Barros, escritor e youtuber
- Paul Preciado, filósofo
- Petra de Sutter, política e xinecóloga
- Rubén Castro, pai








Neste camiño emprendido sentimos que nos imos enriquecendo como persoas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario