Con motivo da celebración do 8 de marzo, día internacional das mulleres, a Comisión de Igualdade xunto co Equipo de Dinamización Lingüística do centro convocan un concurso de slogans co obxecto de promover a reflexión sobre a falta de igualdade real.
PARTICIPANTES:
Todo o alumnado matriculado no Centro.
TEMA:
Trátase de realizar un cartel (físico ou dixital) cun slogan ou lema que incida na reflexión sobre a superación de prexuízos, crenzas e costumes discriminatorios por cuestións de xénero.
REQUISITOS E ASPECTOS A VALORAR:
• Ha de estar redactada en lingua galega.
• Os slogans deben ser orixinais e inéditos e non se poderán empregar imaxes ou nomes que identifiquen marcas comerciais ou persoas recoñecidas no ámbito público.
• Entregarase en tamaño A3 ou A4.
• Valorarase o contido do slogan e, de ser o caso, das imaxes que o acompañen.
• Valorarase a cualidade estética.
MODO DE ENTREGA e FORMATO:
Poderase presentar de forma física (na Biblioteca) ou dixital (poden utilizarse aplicacións, pero ha de enviarse en versión pdf ao correo: igualdadelugris@gmail.com
PRAZO:
O prazo para participar finalizara o XOVES, 4 DE MARZO
FALLO DO CONCURSO:
O fallo do xurado anunciarase en torno o venres 5 de marzo. Farase público en carteis no taboleiro de anuncios á entrada do centro e a biblioteca e a través do twitter do centro.
PREMIOS:
Estableceranse 3 premios, tendo en conta o nivel do alumnado (1º ciclo ESO e FPB, 2º Ciclo ESO e Bacharelato e Ciclos). Expoñeranse todos os slogans que teñan unha mínima calidade a partir do 5 de marzo.
Animádevos !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario