O pasado martes 24 de novembro fomos co curso de 1º Bac ao MAC, un museo de luxo a 200 metros (metro arriba, metro abaixo) a ver un combinado de exposicións da man do magnífico guía Jorge: os pintores Juan Genovés (Valencia, 1930) e Wang Guangyi e fotos do galego Jesús Madriñán.
Foi unha visita, como nos conta Rocío Gómez (1º Bac), que nos "amosou dobres sentido e significados ocultos das obras; desde traumas ata formas de reciclar. Wang ensinounos -coa exposición Las reliquias de los creyentes unha unha forma de protexernos en caso de bomba atómica, como se facía na China da súa nenez".
O segundo artista, Juan Genovés, a través da exposición titulada Multitudes, e seguindo coas palabras de Rocío, "engañou ao noso cerebro e a nosa vista, usando lixo para convertilo en parte dunha obra incrible".
"E o último artista que vimos ensinounos que a paixón polo seu traballo trae froitos e que a beleza está en todas partes".
Todas as fotos son de Carmen Paz (1º Bac).
Axiña volveremos, con 4º ESO, a ver a exposición de Lino Lago Esto no es una pipa... Promete...
Ningún comentario:
Publicar un comentario