Na semana do 9 de decembro e seguinte tivemos os primeiros obradoiros do noso Proxecta, nos 2º e 4º ESO.
No primeiro obradoiro aprendimos, utilizando os nosos corpos e as cadeiras, o desigual reparto de poboación e riquezas nos diversos continentes do mundo. Vivenciar esa inequidade motivounos a pensar como podemos contribuir a cambiar.
No segundo obradoiro, os grupos de 2º ESO traballaron sobre a radio, e o de 4º sobre fotografía. Todos empezaron a darlle voltas a que programas de radio ían facer e con que contidos e a que fotos ían apuntar.
Se queredes, xa podedes escoitarnos un pouco na radio: na radio galega, e na radio comunitaria CUAC FM (entre os minutos 10 e 23 do programa Alegría, do martes 15 de decembro)
Primeiro obradoiro:
Segundo obradoiro:
Tedes máis fotos no facebook da biblioteca e no twitter do instituto
Ningún comentario:
Publicar un comentario