Durante toda esta semana lembramos no instituto o día contra a violencia machista, co lúgubre ronsel de asasinatos que día a día constatamos, tratando de que desde todas as aulas "asináramos" o compromiso de liberarnos dos FEMINICIDIOs que nos rodean.
Loitamos coa nosa principal arma neste momento, coas palabras, que levan consigo importantes significados: respecto, comprensión, igualdade... e moitas outras.
Sabemos que as palabras non bastan nin moito menos. Mais tamén se precisan...
Enchemos unha gran man con elas, e enchemos de mans os ollos de boi das nosas aulas: o noso gran de area.
Ningún comentario:
Publicar un comentario