venres, 11 de decembro de 2015

As touradas a debate

O pasado 25 e 26 de novembro tivo lugar a primeira ronda de debates no noso centro. O tema elixido foi as touradas, e aínda que a maioría estaban en contra houbo que debater. 

Foi unha intensa experiencia, da que aprendimos un montón. Houbo catro grupos ganadores que terán que enfrontarse nunha segunda volta no segundo trimestre.

En Valores éticos de 3º A preparouse un grupo para debater e aquí recollo anacos das súas impresións: 

"Cando nos sentamos á mesa estabamos moi nerviosos e en canto entraron os de bacharelato (como público) púxémonos aínda máis.
Para min o debate foi intenso, non sabiamos se nos tocaba en contra ou se lles tocaba a favor ao outro grupo. Era o momento decisivo e tiñamos moitos nervios. Xosé, o profesor de galego, fixo un sorteo un neno calquera colleu un papel e o neno dixo: 
    - O grupo de terceiro, a favor. 
Ao final tocou a favor e comezou falar Nerea. Tiñamos a tranquilidade de que estaba moi preparado, pero ao mellor os de cuarto tamén...
Nerea saíu falar e fíxoo moi ben, malia o nerviosa que estaba. Despois tocoulles a eles... e logo de novo nós. Tamara fíxoo moi ben improvisando o que poido. Na segunda réplica poidemos replicarlles un pouco e iso deunos confianza.
O noso grupo debatiu fenomenal.
Os compañeiros que falaron á hora de saír falar ante o público dérono todo. Fixérono xenial, debatiron como nunca! Cando ían dicir quen gañaba, estabamos ansiosos.
Tiñamos moito medo de perder xa que era contra cuarto e son máis maiores, e aínda encima tocáranos defender as touradas e todos estabamos en contra...

Era o momento da verdade, o xurado reuniuse para votar quen era o gañador, o noso grupo tivera unha actuación positiva e sabiamos que íamos gañar... Así foi, celebrámolo moito e agora tocará actuar e practicar para o próximo debate.

Cando nos dixeron que ganaramos puxémonos moi contentos ao ver que o noso esforzo fora recompensado. O debate foi máis divertido do que pensabamos..."


(Popurrí do escrito por Joaquín, Yeirelin, Mariña, Lara, Samuel, Nerea, Ronald; Tamara faltou o día dos comentarios...)

Por suposto, cada un dos oito grupos viviuno á súa maneira (supoñemos que case todos moi intensa), mais creo que a experiencia foi moi positiva para todos os que participaron, tanto rapaces e rapazas como profes. 
Por certo os GRUPOS  GAÑADORES foron: 1º ESO A (preparado por Xosé), 2º ESO A (Roberto), 2º ESO A (María) e 3º ESO A (África).




















Axiña repetiremos!


(As fotos son de diversos grupos, of course)

Ningún comentario:

Publicar un comentario