UXÍA: O alumnado de 3º e 4º da ESO fixemos unha saída a Santiago o pasado mércores 25 de novembro. Fomos de visita ao Parlamento de Galicia, onde puidemos acceder a diferentes salas e mesmo a un pleno.
A visita foi moi agradable xa que puidemos visitar todo o parlamento aínda que un pouco ás presas. Tamén entramos a un pleno donde falaron do sector lácteo e outro a medias das vacinas sobre a meninxite B ambos os dous son temas moi interesantes.
Aquí podedes ver unhas cantas fotos:
SARA: Chegamos
a Santiago os alumnos de 3 e 4 da ESO e as profesoras Mar e África; déronos uns cuestionarios sobre Santiago que tiñamos que resolver
mentres viamos a cidade. Vimos un pouco a cidade e fomos ver a
Catedral un pouco pouco por fora. Cando vimos que era a hora de
volver ao sitio citado volvemos. De camiño vimos que había un sitio
onde vendían pizza por 1€ e que alí estaban todos, ou case todos,
os compañeiros da nosa clase. Esperamos a que acabaran para ir
xuntos ao sitio indicado.
Chegamos ao sitio,que por certo era una
esquina, e démonos conta de que aínda faltaban uns cantos
compañeiros. Como xa ía sendo hora de ir cara o Parlamento a
profesora Mar decidíu que foramos indo. Cando chegamos as profesoras
colleron os tiques e cando xa estábamos todos, entramos. Tivemos que
pasar por un detector metais e a xente que tiña mochilas ou bolsos
tivo que facelas pasar por una cinta de raios x. Un guía foinos
levando polo Parlamento e enseñándonos as diferentes salas. Nun
momento dado veunos visitar unha amiga de África que é menbro do
Parlamento e contounos un pouco de que ía o Parlamento e que agora
mesmo estaban tendo un debate cos membros do Parlamento. Logo fomos
ver o debate e de que ía a orde de día. Cando acabamos fomos ao
salón dos reis, creo que se chamaba así, e déronnos un libro e as
grazas por vir. Antes de subir ao bús fomos comprar algo de comer e
cando acabamos subimos ao bus e de volta A Coruña.
Teño que decir
que pensaba que ía ser un rollo de excursión pero a verdade é que
mo pasei moi ben e gustaríame volver repetila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario