venres, 18 de novembro de 2016

Celebramos a filosofía con tolerancia


     

No terceiro do xoves de novembro celébrase o Día Mundial da Filosofía  co fin de estimular o pensamento crítico e independente así como de traballar en aras dun mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia.

Cada ano ten un tema específico e o deste ano é precisamente o da tolerancia, valor celebrado o 16 de novembro (no Día internacional da Tolerancia). Como di Irina Bokova, a directora da Unesco, no discurso de commemoración deste día: "Ao igual que a tolerancia, a filosofía é unha forma de convivencia dentro do respeto dos dereitos e os valores comúns. Representa tamén unha capacidade para ver o mundo a través dunha mirada crítica, consciente do parecer dos demais, fortalecida pola liberdade de pensamento, de conciencia e de crenzas".

Se queredes gozar filosofando un pouco, podedes ler o artigo de Carme Adán sobre: "Pensar... Ese pracer esquecido"

E tamén podedes ver un montón de breves reflexións sobre a filosofía vía twitter cos hashtags #diamundialdelafilosofía e #filosofers

Quedan aquí algúns filosofemas e imaxes en torno ao tema. Animádesvos a engadir  algún? Ou mesmo, atrevédesvos a propoñer algunha reflexión propia?


"Vivir sen filosofar é, propiamente, ter os ollos pechados, sen tratar de abrilos xamais" (R. Descartes)


"Poucos ven o que somos, pero todos ven o que aparentamos" (Maquiavelo)





Espero polos vosos comentarios ;)

Ningún comentario:

Publicar un comentario