Aristóteles |
Este ano a UNESCO, a promotora dos Días Internacionais da Filosofía e da Tolerancia, celebra tamén os aniversarios de Aristóteles e Leibniz. "Con varios séculos de diferenza e en contextos culturais moi distintos, ambos tiñan en común o feito de situar a filosofía no corazón da vida pública, como un elemento central dunha vida digna e libre".
En 2º de Bacharelato acabamos de finalizar con Aristóteles. No exame os resultados foron bastante bos. E agora imos a polo helenismo, no sen antes felicitarnos polos 2.400 anos que pasaron desde o nacemento de Aristóteles.
O punto culminante das celebracións de Aristóteles tivo lugar en maio cun congreso sobre a súa figura na Universidade Aristóteles de Tesalónica, na antiga Estaxira, lugar de nacemento de Aristóteles, e tamén na antiga Mieza, onde o filósofo impartíu as súas ensinanzas a Alexandre Magno.
Por se vos pica a curiosidade, déixovos algunhas noticias máis ou menos recentes en torno a Aristóteles:
- Sobre a súa tumba en Estaxira.
- Acerca da apertura ao público do Liceo aristotélico.
- En relación ás últimas palabras de Alexandre Magno.
Liceo aristotélico, na actualidade |
Mieza, onde Aristóteles ensinou a Alexandre |
Ningún comentario:
Publicar un comentario