mércores, 25 de outubro de 2017

The sky crawlers, a película





O pasado xoves 19 de outubro fumos con 4º ESO a ver a película The sky crawlers, Surcadores do ceo (2008, Mamoru Oshii) no MAC dentro do IX Festival do Cinema Fantástico da Coruña.







Pedro Reimúndez resume e ilustra así o argumento: 


"The sky crawlers é unha película de animación xaponesa na cal nos adentramos nunha guerra entre dous bandos (sen especificar tanto os motivos como os bandos). Os integrantes da guerra son uns seres chamados Killdren (humano xeneticamente modificados, que ao chegar a certa idade deixan de medrar, converténdose en inmortais) os cles loita entre eles con avións de guerra.
Os killdren non lembran moito do seu pasado e tampouco saben a que se debe a guerra pero é o seu deber participar, xa que a humanidade non pode convivir en paz sen unha guerra de por medio. 
Ao final da película pódese ver como ao protagonista lle contan que é a reencarnación do compañeiro ao que substituíra. Isto demostra que a perda de memoria se debía a que cando un killdren morre en batalla uns días despois se reencarna novamente perdendo a memoria, o cal amosa a súa falta de sentimentos e convértense nuns humano que teñen domo deber ganas a guerra unha guerra infinita ne sen fin".

E Yeirelin Ledesma comenta que para ela "non é nada desexable quedarse pequeno ou nunha idade determinada porque te perdes a metade da túa vida e non podes vivila a tope porque canto máis medramos e máis vellos nos facemos, máis experiencia e máis cousas apredemos e facemos". 

Fíxosenos un pouco longa e lenta, pero deunos moito que pensar...

Ningún comentario:

Publicar un comentario