mércores, 8 de febreiro de 2017

Emocionario 1ºB

En 1º da ESO estamos a facer o noso propio mini-emocionario colaborativo. Aquí imos coa primeira entrega de definicións de emocións. 


Inseguridade: A inseguridade  é unha falta de confianza.
Imaxina que vas de noite a un parque grande que está todo escuro e tenebroso.
O que sintes é medo e inseguridade.


Felicidade: A felicidade é diferente para cada persoa.
Por exemplo: Estar cos teus amizades é pasalo en grande con eles. O que sintes é felicidade.


Ilusións: A ilusión  é a esperanza de que se cumprirá algo que o desexamos.
Por exemplo: cando os Reis Magos te traen regalos e os do teu aniversario; e tamén no entroido.








             Feito por:  Pablo Ferreiro Rama

AMOR:  O amor é a dor ou felicidade á vez.     

CULPA: A dor en fallar á persoa que queres ou te importa.




 
TRISTEZA: Pena cando fallas a alguén ou te fallan a ti.





Feito por: Alisea Muñoz Gabarri





A Ira: A ira pódese definir como cólera, fai que perdamos o control sobre nós. A ira é unha sensación de enfado e descontrol; moita xente responde a ela con violencia.
A ira é un sentimento moi básico, cando sentes ira es máis espontáneo te sintes máis valente e adquires máis forza.
A ira exprésase con irritabilidade. Auméntate o ritmo cardíaco, a presión sanguínea e os niveis de adrenalina.
A ira pode ser causada por acontecementos internos ou externos, podemos enfadarnos cunha persoa en concreto ou cun acontecemento ou ao preocuparse por problemas persoais. A maneira instintiva de expresala é responder agresivamente.
Feito por : Jorge Félix Peguero Solís


Amor: o amor é cando queres o mellor para alguén, pero tamén ao mínimo error sentes fatal.




Tenrura:  é un sentimento puro e verdadeiro onde sintes cariño ou dozura cara a unha persoa cercana a ti...

Feito por: Natalia Escudero



---
Que é para min a vergoña?


A vergoña para min é un sentimento que aparece por sorpresa case sempre. As veces síntese vergoña por algún erro ou algún despiste. Tamén pódese sentir vergoña por outra persoa, iso chámase vergoña allea. A vergoña non é nada discreta, sempre lle di á xente que te deches conta do teu conto ou erro. A vergoña tamén produce inseguridade.

Feito por: Lois

Ningún comentario:

Publicar un comentario