A gran familia |
O 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da paz e non violencia (DENIP). Desde o Departamento imos centrarnos neste tema en especial en 4º da ESO durante todo este trimestre.
O mércores 1 de febreiro contamos coa visita de Luis García Soto, quen nos falará sobre "A paz: un non á violencia".
Aquí lembramos o día cuns poucos cadros de René Magritte (1898-1967) que teñen que ver con pombas, un tema recorrente na súa pintura.
E tamén indicando algúns interesantes enlaces, extraídos esta vez do IES San Paio, de Tui,e do CEIP As Revoltas de Cabana de Bergantiños
- Lectura e filmes pola paz (do CEIP de Cabana de Bergantiños)
- PAZ territorio da Pintura (co P de PAZ e Pintura)
- Un nobel cantante de PAZ (co P de PAZ e Poesía): Escolma de letras de cancións pola PAZ, de Bob Dylan
- Lista de reprodución de vídeos Cantando á PAZ con Bob Dylan (música das cancións da escolma anterior)
- Biblioxornal 46: Guerra e PAZ de cine (selección de filmes e documentais sobre a guerra e a PAZ)
- Lista de reprodución de vídeos (avances dos filmes e documentais do Biblioxornal 46)
- Lista de reprodución de vídeos Educando pola PAZ (curtametraxes para traballar nas aulas)
Ningún comentario:
Publicar un comentario