Paula Grangel debuxa a Luis G. Soto durante a charla |
Logo da charla sobre "A paz: un non á violencia", de Luis García Soto, na semana pasada, e da que poñemos aquí algunhas fotos e dado que apenas houbo tempo para preguntas, en 4º ESO A continuamos divagando un pouco en torno ao tema.
Velaquí os froitos dunhas breves reflexións:
"Agora mesmo pensamos que non goberna moita paz no mundo, debido ás guerras, ao maltrato tanto físico como psicolóxico, tráfico de drogas, armas etc. Desde sempre loitamos pola paz, pero é moi difícil conseguilo, xa que hai violencia todos os días. Por exemplo, moitas veces no deporte presenciamos pequenoa casos de violencia, xa sexan os deportistas ou os afeccionados, e non se fai nada ao respecto. Case nunca se fai nada para evitar a violencia e, cando toman medidas non son suficientes e eficaces. "
Lara e Yei
"A paz é unha palabra que significa todo o contrario á violencia. Hai moitos casos no mundo nos que a violencia sobrepasa á serenidade. Todos os días millóns de persoas son privadas do seu dereito á paz. Xa sexa porque non teñen liberdade, porque os seus familiares son asasinados ou porque, simplemente, non se senten ben con eles mesmos. Unha das vantaxes da paz a nivel persoal é a gratificación. Se un home é humilde, boa persoa, xeneroso e agradecido sentirase mellor consigo mesmo, e iso conduce a unha vida máis plena. Hai culturas que cren no karma, é dicir, se fas cousas boas pasaranche cousas boas e viceversa. Nós pensamos que o karma non existe. É verdade que se fas cousas boas o máis probable é que as persoas cho recompensen, pero non sempre é así. Un dos principais factores polos que non hai paz son os cartos. Fannos egoístas e en caso puntuais, rencorosos. A maioría das guerras son por conflitos económicos. A relixión tamén pode afectar a este mundo, porque como vemos na actualidade, os islamistas queren promover a súa relixión polo Occidente. Nós pensamos que a mellor solución é o diálogo e que debemos educar ás novas xeracións para que non cometan os erros que cometemos nós."
Mariña e Joaquín
" - ¿Realmente exista la paz?
- La paz es una palabra todo el mundo conoce, quizás de diferente manera pero todos con
un mismo sentimiento.
- Para personas que están pasando por una situación difícil económicamente o emocionalmente no creo que exista la paz, viven en un constante miedo o nerviosismo.
- Quizás esas mismas personas sufireron el infortunio de verse con su paz arrebatada.
- En los tiempos que corren la violencia es una de las mayores lacras de la sociedad.
- Ciertos políticos son 'culpables' de que haya personas que no tengan paz en su vida, ya que su gestión de gobierno es egoísta y poco transparente."
Tamara e Nerea
Seguiremos a darlle voltas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario