De novo este curso participamos na Olimpíada filosófica, esta vez en torno a Novas tecnoloxías e identidades humanas.
Na entrada do centro están expostas as fotos que realizou o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato. Todas elas concursan na Olimpíada.
Ademais, tamén este ano participamos na modalidade de Dilemas morais, e, por primeira vez, fumos ata Santiago para realizar unha proba. Participaron Nerea Iglesias, Tamara Santiago, Anxo Souto e Brais Varona. Foi unha boa experiencia na que tiveron que analizar e argumentar en torno a un dos seus dilemas favoritos sobre unha rapaza que minte para conseguir doazóns de medula para combater a leucemia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario