sábado, 3 de decembro de 2016

Comezamos co comercio xusto de Nadal

Como nos anos anteriores, agora que se achegan tempos navideños, a miúdo sinónimo de tempo de consumo desaforado, volvemos falar da necesidade de consumir de forma responsable e de coñecer o denominado comercio xusto

O pasado xoves 1 de decembro, Ana Lampón, de Solidariedade Internacional, volveu ao noso centro para realizar un obradoiro sobre consumo responsable co alumnado de 2º e 3º da ESO. Pasámolo moi ben e tamén aprendimos bastantes cousas sobre o que hai detrás de moitos produtos que consumimos como os dispositivos electrónicos, roupa, material deportivo, automóbiles, combustibles, enerxía eléctrica etc.  

2º ESO B




  


E nestes días comezamos co mercadiños de Comercio Xusto nos recreos. Animádevos a mercar responsablemente!!!

  


Ningún comentario:

Publicar un comentario