
Continuando co proxecto que iniciamos con Solidaridade Internacional, "Horizonte 2030: Construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora", o alumnado de 4º ESO decidiu centrarse no Obxectivo 14 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: conservar e utilizar en forma sostible os océanos, os mares e os recursos mariños para o desenvolvemento sostible.
O alumnado creou un lema: "O LIXO REEMPRAZOU O NOSO MAR", elaborou un artística pancarta e o pasado mércores 22 de maio fixemos unha recollida simbólica de plásticos preto do instituto para sensibilizar acerca do excesivo uso do plástico que leva a que estea por todas partes e acabe en sumidoiros, canles de auga doce e, finalmente, contaminando mares e océanos.
Neste vídeo podedes ver imaxes deste proceso:
O venres 24 parte do alumnado (Miren Cedeira Moreira, Alenxandru Danu, Paula Parga Rodríguez, Adela Villar Uzquia no, Fernanda Voces Paye e Yaiza García Parcero) participou no encontro de todos os centros de Galicia participantes neste proxecto de solidaridade Internacional na Facultade de Ciencias de Educación do campus de Elviña.
![]() |
Yaiza, coa pancarta rematada, en Plástica |
![]() |
No obradoiro de radio |
![]() |
No obradoiro: "Somos persoas de acción" |

![]() |
No noso stand |

![]() |
Co alumnado dos outros centros |
Seguiremos facendo sensibilización cun yin-yang mariñeiro artesanal!
Ningún comentario:
Publicar un comentario