domingo, 26 de maio de 2019

Debate en Carballo en torno aos videoxogos e a violencia




Este pasado martes 21 de maio fomos ata o IES Parga Pondal de Carballo para debater sobre se os videoxogos violentos provocan condutas violentas ou non. 


Na Biblioteca Rebolo deste centro o alumnado de Argumentación e oratoria, de 1º de Bacharelato foi o protagonista do debate.


Ao noso equipo tocoulle defender que os videoxogos violentos nos fan persoas máis agresivas, mentres que os de Carballo argumentaron a favor de que serven para liberar estrés. Todos e todas as participantes defenderon as súas argumentacións de forma convincente despregando as súas armas dialécticas adobadas de recursos gráficos e vídeos.






Ao final, e aínda que os dous equipos amosaron un gran nivel, os de Carballo impuxéronse comunicando unha lixeira mellor preparación. 







O respecto e bo facer de ambos equipos foron exquisitos. Quedamos con ganas de seguir debatendo en próximas ocasións e, sobre todo, moi agradecidos, polo agarimoso recebimento e trato en todo momento. 





Nas súas conclusións ambos equipos declararon que, con xogos ou sen eles, todos condenaban a violencia, sen asomo de crispación. 

Un magnífico exemplo!





Adrián Rosario sacou máis fotos que tamén podedes ver. 







Seguiremos falando e argumentando! 
Que viva o poder da palabra!


Ningún comentario:

Publicar un comentario