Este pasado xoves tivemos o pracer de compartir unha charla (mediada por pantallas) coa cantareira María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés. As preguntas de rapazas e rapaces de 4º ESO conduciron a que Sés nos falara con forza, anécdotas e argumentos do valor da nosa lingua, da discriminación das mulleres no mundo musical (con exemplos como a estrañeza ante unha muller na mesa de son ou tocando determinados instrumentos), ao igual que nas demais esferas sociais, de como compón, da súa traxectoria etc. Soubemos detalles dela como que empezou falar galego aso dezasete anos, que lle gustan os callos, que fala varios idiomas, que se inspira en todo o que lle rodea... que se implica e compromete co que lle importa... e moito máis.
Malia os problemiñas técnicos, foi unha magnífica charla que nos tocou a quen alí estivemos e compartimos na distancia.
Grazas infinitas a Sés polas súas cercanas palabras, á profe Xulia Abella por organizar e ás rapazas e rapaces que motivaron o encontro.
Desexámoslle moita sorte para os teus novos proxectos profesionais e persoais.
Foi un pracer inmenso contar coa colaboración de Sés no IES Urbano Lugrís da Coruña. Ao alumnado e profesorado enganchounos coas súas palabras, nótase que lle ferve o sangue á hora de defender causas xustas, coma a da lingua galega, o feminismo e todos os temas dos que nos falou con paixón. Reitero o meu agradecemento e deséxolle toda a sorte do mundo mundial para os seus proxectos e retos, tanto persoais coma profesionais. Unha enorme aperta e moitos bicos
ResponderEliminar