sábado, 28 de novembro de 2020

Aplauso pola loita contra a violencia machista


"Sabemos das miles de asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas, das nenas e nenos que quedaron en situación de orfandade por unha violencia irracional.
 
Por suposto, toda forma de violencia parécenos execrable, incluida a que se exerce sobre os homes, as persoas estranxeiras, nenos e nenas, animais etc. 
 
Sabemos das mil formas de violencia que se exercen sobre as mulleres cada día debido a estereotipos gravados no máis profundo e moi difíciles de arrancar. Desde micromachismos ata trata de mulleres, desde insultos ata palizas, desde desprezos ata invisibilizacións).  

Non esquecemos as 40 asasinadas no que vai de ano, nin as máis de mil desde que se fai reconto. Pero agora queremos pedirvos un minuto de aplausos polas moitas máis que lograron refacer as súas vidas, pola solidariedade entre mulleres para darnos forza e polos moitos homes que cada vez máis son capaces de tratar de igual a igual a todas mulleres.
 
Por todas elas e eles... Porque así lograremos ir construindo un mundo mellor!!! " 


Isto foi o que dixeron Paula Parga e Darío Rodríguez Paz no seu discurso ante un numeroso público de compañeiros e compañeiras e profesorado (mantendo a distancia social, por suposto) no tempo de recreo. O acto rematou cun prolongado aplauso por todas as que non están e tamén polas que están, polas mulleres que sofren e polas súas familia, porque non queremos ter que conmemorar este día, polo final da violencia.

Podedes escoitar anacos e ver máis fotos e algún vídeo na presentación de genially "25N 2020 IESUL"

      

Antes deste acto houbo un reparto de mascarillas negras para toda a comunidade escolar. Entregounas alumnado de 4º ESO aula por aula, e tamén este alumnado encheu o centro de carteis sensibilizadores feitos e pensados por eles e elas.      En diversas materias abordouse, con diferentes enfoques, esta problemática de pesadelo. En Educación física o alumnado expresouse co seu corpo, escenificando situacións de violencia e logo manifestándose na súa contra.  Así expresaron algunhas de moitas situacións violentas:                                                           



E estes son os lemas para loitar para cortar a reprodución de violencias: 






Coa convicción de que é preciso desprendernos de prexuízos e estereotipos maltratadores que provocan tanta dor e sufrimento no mundo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario