Ana Frank |
«Ao longo da historia da humanidade existiron múltiples circunstancias
que obrigaron ao ser humano a verse sometido a un período de
confinamento voluntario como pode ser no caso de atoparse nunha
situación de epidemia coma a que nós estamos a vivir ou a que
puideron vivir outras persoas en tempos por exemplo da peste ou ben
por confinamento obrigado como podería ser o encarcelamento de
numerosos intelectuais durante a Guerra Civil Española ou noutros
réximes políticos coma o holocausto nazi.
Cabe
destacar, que se algo aprendín na materia de filosofía, en concreto
no curso de cuarto da E.S.O., e que o ser humano goza de dous tipos
de liberdade: a interna e a externa. Privar ao ser humano de
liberdade externa pode ser que se imponga a obrigación de non saír
da súa casa (situación que estamos a vivir) ou impoñerlle unha
condena no cárcere. Sen embargo, ningunha persoa nin ningún réxime
político gozou xamais da capacidade privar a outros individuos de
liberdade interna, xa que esta é unha calidade inherente do ser
humano que só o propio individuo pode modificala.
Con
isto quero dicir que aínda que nos vexamos privados de liberdade
externa e os nosos actos coma saír da casa ou estar encarceados,
seguiremos sendo seres libres, xa que os límites da nosa liberdade
interna, da nosa imaxinación, da nosa creatividade, da nosa
reflexión e da nosa razón só podemos poñelos nós. Podemos estar
recluídos nos nosos fogares, na cadea ou noutros lugares pero non
podemos estar privados dos nosos pensamentos, da nosa reflexión e
dos nosos ideais.
Eu
son das persoas das que pensan que vivir contigo mesmo é tarefa
indispensable para coñecerse e crecer a nivel persoal. Somos animais
sociais en exceso e iso prívanos en moitas ocasións de sentarnos a
falar con nós mesmos e coñecer e decatarnos dos nosos pensamentos,
por iso penso que un período de cautividade favorece a relación
intrapersoal por moi duro ou moi longo que chegue a ser ese período.
Son nestes momentos nos que o noso subconsciente da saída á
reflexión e dámonos conta do realmente importante e necesario, así
como aumenta a nosa solidaridade, visto por exemplo no acto de saír
a aplaudir todos os días pola gran labor dos sanitarios.
Cervantes |
Moitas grazas, Miguel, polas túas palabras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario