domingo, 26 de abril de 2020

Necesitamos profesores de virtude?

Tedes a continuación a disertación de Daniel Rosua, de 2º Bach, en relación á ética kantiana.
Necesitamos profesores de virtude?
Os humanos somos animais sociais, o coma dicía Aristóteles zoon politikón. Tendemos a agruparnos e buscar a compañía dos demais, quizais porque tememos estar sos, ou quizais porque necesitamos cariño.
O caso é que cando os seres humanos xuntámonos, establecemos unha serie de valores ou virtudes que toda a congregación segue, pois son o “ben”. Esta serie de valores cambia é distinta de acordo co lugar, a relixión e a cultura, e pode cambiar ao longo do tempo nun mesmo sitio.
Immanuel Kant propuxo que non son necesarios os profesores da virtude referíndose ao ensino de ética á mocidade, pois xa todos os seres humanos sabemos dentro de nós o que é correcto, e o que non necesitamos adestramento na nosa moralidade.
Se ese é o caso, entón por que en unha gran maioría de países do Medio Oriente ser homosexual é castigado coa morte, mentres que no mundo Occidental o simple feito de xulgar a alguén pola súa sexualidade xa é considerado aborrecible? Por que en moitas culturas asiáticas considérase que pegar aos fillos é un método de disciplina apropiado e aquí non? 


Esa é, para min, a proba definitiva de que o imperativo categórico de Kant non é máis que unha bela idea utópica, pois hai máis dunha definición de bo, e non hai un compás moral apto para todas as situaciones. Quizais polo sedentarismo de Kant é que existe este punto cego na súa ética, pois as súas experiencias limítanse á súa cidade natal de Königsberg.
Hoxe en día, Kant non tería unha moralidade completamente impoluta no seu país natal, pois fora, produto da súa época, bastante misóxino no seu trato coas mulleres.
Como a moral non é nin innata nin uniforme, debe formarse de acordo cos valores da sociedade. Esta formación fana os profesores de virtude aos que se opoñía Kant, que moitas veces nin son profesores.
Non, estes profesores de virtude son as persoas máis importantes e influentes nas nosas vidas, que para ben ou mal, forman o noso compás moral. Estos profesores poden ser dende os nosos pais e irmáns, a profesores, amigos ou incluso persoas famosas.
Sen sabelo, estas persoas actúan coma os nosos guías e a través das súas ensinanzas aprendemos a discernir ben e mal, a diferenza do que opinaba Kant. A moral constitúese de maneira individual, e é fortemente influenciada polo contexto, por iso hai tantas diferenzas na ética de distintas culturas.
Creo, a diferenza de Kant, que nas escolas tamén debe haber profesores que poidan aconsellar aos seus estudantes en máis que o estritamente académico, pois os centros educativos deben EDUCAR, non só ensinar. Desta maneira, quizais algún día poidamos chegar a unha sociedade que todos poidamos considerar inequivocamente boa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario