Mentres se me vén á mente Ana Frank encerrada e síntome afortunada por poder pasear coas cadelas..., mentres cartesianamente me sinto como nun soño ou pesadelo do que non sei se estou a piques de espertar..., mentres empezo a perder un pouco a noción do tempo e xa me parece que o que fixemos hai catro días foi hai catro meses...
Aquí quedan as fotos do pasado mércores 11 cando vimos a traxedia "Las troyanas", de Eurípides (480-415 a.C.), unha obra que foi estrenada no 415 a.C. e que obtivo o segundo premio na 91 Olimpíada (por se queredes coñecer o palmarés).
Pola tarde, o alumnado de 4º ESO e 2º Bach puideron ver Aulularia do comediógrafo latino Plauto. moi divertida, con actualizacións falando do Gadis e o Mercadona e escenas hilarantes.
As dúas obras foron representadas no marco do XX Festival de Teatro grecolatino polo grupo de teatro Noite bohemia.
Disfrutade do recordo. Haberá máis!
Ningún comentario:
Publicar un comentario